Plan especial de tráfico polas obras de asfaltado na Nacional 550

O Concello de Culleredo establecerá o sábado 2 e o domingo 3 de xullo un plan especial de tráfico con motivo dos traballos de asfaltado na Nacional 550. Este fin de semana as obras executaranse no Portádego e na Corveira, en concreto entre a rúa río Quintas (límite coa Coruña) e a igrexa de Vilaboa.
 
O plan comezará mañá ás 8.00 horas. Estableceranse cortes de carril regulados mediante semáforos. Segundo se vaia completando o asfaltado prohibiranse as cruces á esquerda e dereita da N550.
 
Na man dereita, dirección Vilaboa, os residentes no monte Alfeirán veranse especialmente afectados. Terán que acceder ás súas vivendas pola Xeca, rúa Xafontes e urbanización El Pinar. E poderán saír á N550 por Antón Vilar Ponte, que cambiará de sentido da circulación.
 
Na man esquerda, para dirixirse a Electo Carballo, Condes de Andrade ou avenida de Cordeda, entre outras, tomaranse as alternativas naturais xa que son rúas interconectadas.
 
O primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, explica que unha patrulla da Policía Local en moto estará permanentemente na zona para ofrecer ao momento todas as indicacións necesarias aos veciños. O Concello xa publicou folletos informativos nestes días previos que se distribuíron pola zona.
 
En canto ao estacionamento, quedará prohibido na Nacional entre a rúa Río Quintas e a rúa Domingo Sierra. Todo este tramo xa está valado.
 
O Concello recomenda evitar o uso da N550. O tráfico pesado será derivado de forma obrigatoria na rotonda do aeroporto para tomar a Terceira Rolda.
 
A Policía Local pide aos particulares que empreguen tanto a AC-211 como a Terceira Rolda para evitar excesivas retencións na N550. Aconséllase ademais aos habitantes na Zapateira a evitar na medida do posible a estrada de Laxe.
 
Os traballos programáronse para os fins de semana para minimizar as molestias aos veciños e usuarios. Haberá unha parada polas festas de Vilaboa e logo continuarán ata chegar á rotonda do outlet.
 
Este é o paso previo á cesión da vía ao Concello, unha petición do goberno local para xestionar directamente a vía e atender con maior prontitude as demandas veciñais.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina