Actualidad

O goberno local pide á Xunta máxima celeridade para evitar novos retrasos no centro de saúde

Despois de anos de espera e tras intensificar as peticións, o Concello de Culleredo recibiu a confirmación verbal, por parte da Consellería de Sanidade, de que o Consello da Xunta aprobaba a licitación do demandado novo centro de saúde para o municipio. O goberno municipal espera que xa non se produzan novos atrasos dada a prioridade da infraestrutura para os veciños.

O Concello ofrece zumba gratuíta no verán para os mozos

O Concello de Culleredo lanza un curso de zumba durante o verán, dirixido aos mozos e mozas de 14 a 18 anos de idade, de carácter gratuíto. Terá lugar todos os venres de xullo e agosto en horario de 20.00 a 21.00 horas no centro social de Fonteculler.

O IES Universidade Laboral leva a cabo un proxecto europeo sobre enerxía eólica

Durante os días 9, 10 e 11 de xuño desenvolveuse no IES Universidade Laboral de Culleredo un curso piloto de electricidade básica para o mantemento de aeroxeradores. Trátase dunha acción enmarcada dentro do proxecto Leonardo da Vinci TOI (Transfer of the Innovation), financiado con fondos europeos.

Campus de verán de baloncesto e de fútbol en Culleredo

O Club Baloncesto Culleredo e o Sporting Burgo organizan sendos campus de verán, cos que colabora o Concello de Culleredo. As inicitivas permiten unha alternativa saudable para o verán dos nenos.

O clube de chave de Vigovidín venceu no XXXIII Torneo de Chave

O Concello de Culleredo reuniu o pasado sábado a un cento de participantes no Torneo de Chave que alcanzou a súa XXXIII edición. O club de chave Aldea, de Vigovidín, núcleo da parroquia de Almeiras, resultou o vencedor da proba.

Culleredo recibe a Jesús López Cobos en Batutas e Bastóns

O Conservatorio Municipal de Culleredo celebra o mércores 11 de xuño a segunda edición do encontro Batutas e Bastóns, coordinado e presentado polo profesor Marcos Seoane. Nesta ocasión, o encontro recibe a unha eminencia da música: Jesús López Cobos, director de orquestra que mesmo recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes.

O Concello pide á Xunta que aumente as horas de atención aos dependentes

O Concello de Culleredo solicita á Xunta máis ahoras atención ás persoas con dependencia e dar novas altas, un programa que entende debe ser "prioritario". O Concello está a investir da orde de 328.000 euros, cifra moi superior aos 145.000 euros que destina a Xunta.

O Concello celebra o seu XX Festival de Patinaxe Artística

O Concello de Culleredo organiza o domingo, 8 de xuño, o Festival Municipal de Patinaxe Artística, que alcanza este ano a súa XX edición. Terá lugar no polideportivo do Burgo desde as 17.30 horas.

Culleredo recibe alimentos recadados na Feira de Reciclaxe do mes pasado

O Concello recibe, da Feira da Reciclaxe celebrada pasada organizada por Insertega, ,150 kg de produtos alimenticios non perecedoiros, froito da xestión dun punto de recollida disposto no recinto feiral e do 10% do recadado en concepto de taxas aos participantes.

O Concello traslada os concertos da rúa ao Conservatorio polo aviso de mal tempo

O Concello de Culleredo, ante a previsión de malas condicións meteorolóxicas para este xoves e venres, varía o emprazamento do programa "A música sae á rúa" para asegurar a celebración da actuacións. Serán no auditorio do Conservatorio Municipal, no Burgo.

O Concello leva a Almeiras o taller para reducir a factura da luz

O taller para ensinar a reducir a factura da luz vivirá esta semana a súa terceira edición. Será no centro sociocultural de Almeiras, o xoves 5 de xuño ás 18.00 horas.

O colexio de Tarrío celebrou o seu 40 aniversario na VIII Tarriomería

O colexio de Tarrío celebrou o pasado sábado o seu 40 aniversario coa VIII Tarriomería, evento que reúne cada ano por centos de persoas entre pais, alumnos, ex alumnos, veciños e amigos do centro.

Clausura do curso do Club Natación Culleredo

O Club Natación Culleredo celebrou a pasada fin de semana a clausura das súas actividades do curso. O Concello agradeceu ao Casino pola súa colaboración e felicitou o bo facer do club.

O Concello aumentará o parque móbil en 11 vehículos para mellorar os servizos de seguridade ou benestar

O Concello de Culleredo leva a cabo este ano un importante esforzo económico para ampliar o parque móbil municipal. O goberno local incorporará un total de 11 vehículos para mellorar os servizos das áreas de Seguridade Ciudana, Benestar Social, Medio Ambiente ou Formación.

A III Carreira pola ría do Burgo xunta a 1.000 persoas o domingo

O paseo marítimo do Burgo acollerá o domingo, 1 de xuño, a terceira edición da Carreira pola Ría, cunha participación prevista de máis de 1.000 persoas. Está organizada pola asociación Castelo Deporte, coa colaboración do Concello. O carril bici quedará pechado por este motivo en horario de 10.00 a 15.00 horas.

Culleredo lanza o seu primeiro certame de teatro afeccionado ante o seu auxe no municipio

Culleredo terá o seu propio premio de teatro afeccionado ante ao auxe que está a ter esta modalidade artística no municipio. El Ruiseñor e o Concello abren a recepción de obras, que o xurado visionará en video e seleccionará as que se representarán en vivo no municipio, nun mes cargado de teatro.

A Casa Rosa do Burgo albergará un centro de rehabilitación para persoas con enfermidade mental

O Concello de Culleredo adxudica o uso da Casa Rosa do Burgo á Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM), co obxectivo de proporcionar un inmoble para o desenvolvemento dun centro de rehabilitación dirixido aos veciños de Culleredo e da comarca con esta enfermidade.

O Concello saca a licitación a reforma da avenida Electo Carballo

O Concello de Culleredo saca a licitación a remodelación da avenida de Electo Carballo (AC-215), tras o convenio asinado coa Xunta de Galicia. Con esta actuación darase resposta á necesidade de incrementar a seguridade viaria para os veciños desta estrada, eminentemente urbana, que conecta O Portádego coa Corveira, é dicir, a Nacional 550 coa AC-211.

O Concello leva a música ás rúas do municipio

O Concello de Culleredo leva a música ás rúas do municipio. O martes 27 de maio comeza un novo programa cultural do Concello, que difundirá a música instrumental por lugares concorridos con paso elevado de xente.

A Feria de Reciclaxe reunirá o sábado 60 postos no paseo marítimo do Burgo

Co obxectivo de promover a reciclaxe e a reutilización celébrase este sábado, 24 de maio, a Feira de Reciclaxe no Burgo, no recinto multiusos do paseo marítimo. Uns 60 postos, de particulares ou asociacións, conformarán o evento, que se desenvolverá entre as 11.00 e as 21.00 horas.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina