O Concello emprende o plan de rozas cunha nova modalidade de contrato por dous anos

O Concello de Culleredo ten xa en marcha o plan de rozas tras impulsar un novo contrato que mellorará notablemente o servizo. O Concello formalizou un contrato que aúna a roza, o mantemento da rede viaria municipal e a limpeza dos espazos públicos.

Con esta decisión, o Concello disporá os próximos 2 anos dun servizo continuado para atender as diferentes demandas que trasladen os veciños e que detecten os técnicos. Así o goberno local impulsará unha atención máis rápida e un seguimento dos traballos.

Xa se poden ver as máquinas rozando estradas en diferentes zonas do municipio. Nas próximas semanas, os traballos estenderanse a todas as parroquias.

As rozas abarcarán tanto aos camiños como ás parcelas municipais. Nos casos que non chegue o brazo do tractor terá que levarse a cabo de forma manual.

Esta nova modalidade de contrato levou un procedemento importante que demorou o inicio dos labores. Pero unha vez formalizada a adxudicación, o goberno local móstrase moi satisfeito por dispor xa dun servizo permanente polos próximos dous anos.


Peticións veciñais

A concesionaria do servizo terá que levar un rexistro das demandas veciñais que se lle trasladen. Este inventario recollerá as peticións ou suxestións dos residentes na materia e servirá de guía para planificar os seus traballos.

Outros criterios para a planificación das actuacións será a intensidade do uso das infraestruturas por parte dos veciños e o estado de conservación que vaian presentando.

Con independencia da planificación elaborada, a concesionaria atenderá coa máxima celeridade posible as peticións dos servizos técnicos municipais que así o requiran. Desta forma o Concello pretende asegurar a reparación inmediata ante danos sobrevindos que se produzan nas infraestruturas.

Os traballos na rede viaria consistirán na reparación do firme, eliminación de fochancas, arranxo de fochas, reparación das arquetas da calzada e a súa posta en rasante, reposición de capa de rodaxe e de pavimento, ou arranxos de lousas en beirarrúas e prazas.

O orzamento dedicado polo goberno local foi de 339.588,22 euros cunha duración de 2 anos. O Concello de Culleredo con este contrato quere garantir o "mellor mantemento" para a rede viaria e os espazos para peóns, o que redundará nun "incremento da seguridade viaria".

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina