Actualidad

O goberno local aproba os orzamentos municipais máis socias da historia do municipio

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, presentaron os orzamentos municipais para o exercicio 2015, aprobados polo pleno a proposta do goberno local. Os orzamentos alcanzan os 19.479.126,48 euros, uns 0,25% superiores aos de 2014.

O I Certame de Teatro Afeccionado de Culleredo finaliza cunha gran gala no Burgo

Culleredo converteuse onte na capital galega do teatro, coa gala final do I Certame de Teatro Afeccionado do Concello. O goberno local destaca que se trata do único certame destas características, a nivel nacional, da contorna.

O Concello dedica o Plan de Obras 2015 a satisfacer necesidades trasladadas polos veciños

O goberno de Culleredo conseguirá co Plan de Obras 2015, aprobado polo pleno da corporación, satisfacer algunhas das peticións elevadas polos veciños das distintas parroquias. "Son necesidades indiscutibles que xa tiñamos previsto abordar", afirma o alcalde, Julio Sacristán.

Gala final do I Certame de Teatro Afeccionado do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo celebra o domingo 30 de novembro a gala final do I Certame de Teatro Afeccionado, que desenvolve este año colaborando coa compañía de teatro El Ruiseñor. O acto será ás 19.00 horas no Conservatorio.

O Concello lanza un curso de escaparatismo para comercios e perruquerías

O Concello organiza este mes de novembro, entre o 24 e 28, un curso de escaparatismo destinado aos comercios e perruquerías do municipio. O obxectivo consistirá en preparar aos comerciantes para deseñar o seu escaparate de acordo coas características da época.

O Concello licita a reforma integral do Edificio de Servizos Múltiples

O Concello de Culleredo saca hoxe a licitación unha das súas principais actuacións dos últimos anos: a rehabilitación do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, referente da actividade cultural e social do municipio. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe o anuncio, cun orzamento de 1.009.701 euros.

A praza de Europa do Burgo loce nova imaxe

A praza de Europa, núcleo neurálxico do Burgo, loce nova imaxe, tras a actuación levada a cabo polo Concello de Culleredo. Ademais do novo aspecto, este pavimento é especial para evitar os resbalones dos viandantes en días de choiva, algo que o equipo de goberno priorizou para aumentar as prestacións do recinto.

O I Certame de Teatro Afeccionado de Culleredo encara a súa recta final

O I Certame Xuvenil de Teatro Afeccionado de Culleredo acolle este mes as representacións das cinco obras finalistas. Os actos teñen lugar os sábados no Conservatorio Municipal de Música, coa entrada gratuíta. O domingo 30 de novembro, ás 19:00 horas, terá lugar a gala final, coa entrega de premios

O Concello organiza un curso de podas e enxertos no botánico do Burgo

O Concello de Culleredo abre a inscrición para un curso de poda e enxertos, que conterá tanto de sesións teóricas como prácticas de campo. A acción terá lugar na aula de Natureza do Burgo os sábados 15, 22 e 29 de novembro.

O Gran Magosto Municipal repartirá o sábado 500 quilos de castañas

Culleredo prepárase para a súa tradicional exaltación da castaña. O Magosto Municipal, que organiza o Concello, terá lugar este sábado 8 de novembro no parque de Celas, desde as 18.00 horas, e prevese a degustación de máis de 500 quilos de castañas por un milleiro de persoas.

A Casa Rosa do Burgo será un centro de rehabilitación para persoas con enfermidades mentais

A Casa Rosa, emblemático inmoble do Burgo, engrosa desde hoxe a lista de espazos que o Concello de Culleredo dedica a servizos sociais. O goberno local cédea a APEM para que se converta nun centro de rehabilitación para persoas con enfermidades mentais.

O Concello abre o xoves a mostra "Aves e natureza na ría do Burgo"

O Concello de Culleredo instala o xoves, 6 de novembro, unha nova exposición na Aula de Natureza do xardín botánico do Burgo. Trátase de "Aves e natureza na ría do Burgo", unha mostra fotográfica de Luis Andrés García Pérez e de Teresa García Meana.

Culleredo forma aos mozos para superar o exame de conducción BTP

O Concello de Culleredo lanza un programa de formación para que os mozos e mozas do municipio podan obter o carné de conducción BTP. É a titulación que posibilita para conducir vehículos de tipo B para taxis, transporte escolar e todo tipo de prioritarios.

O Concello de Culleredo conxela as taxas e impostos municipais para 2015

As taxas das ordenanzas fiscais do Concello de Culleredo non subirán en 2015. Esa é a decisión do goberno municipal, sensible á difícil situación económica actual para moitas familias, refrendada xa no pleno da corporación.

O artista Luis Galán imparte un taller de ilustración vectorial na Aula de Natureza do Burgo

O artista Luís Galán ofrece o xoves, 30 de outubro, un taller de ilustración vectorial. Os asistentes poderán aprender como trasladar o seu debuxo creativo a computador mediante esta técnica.Trátase dunha actividade encadrada na exposición "As Mariñas de nunca xamais", que organiza o Consorcio As Mariñas. O taller terá lugar en horario de 18.30 a 20.30 horas na aula de Natureza do Burgo.
 

O Concello destina 250.000 euros a obras de mellora da seguridade viaria

O Concello de Culleredo abre a licitación dun paquete de obras que permitirá a realización de numerosas melloras no municipio, respondendo as necesidades transmitidas polos propios veciños. Será un investimento de 253.541,37 euros.

Protección Civil de Culleredo forma nas actuacións en caso de accidentes

O Concello colaborou coa Academia Galega de Seguridade no curso que se acaba de impartir na base de Protección Civil en Culleredo. Nesta ocasión, o obxectivo consistiu preparar aos efectivos para os labores de intervención ante accidentes de estrada.

Xa se poden recoller as invitacións para a obra "Misión sapiens"

O Concello de Culleredo informa de que xa se poden recoller no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo as invitacións para a obra de teatro "Misión sapiens", que se representará o venres 24 de outubro, ás 20.30 horas, no Conservatorio Municipal de Música.

O Concello emprende un plan de melloras en Augas Mansas

O Concello de Culleredo emprende un importante plan de seguridade viaria e de mantemento viario na urbanización Augas Mansas, situada na Zapateira. O goberno local quere garantir así a seguridade na circulación do tráfico rodado e incrementar as comodidades para os veciños.

O Concello formará aos mozos na conducción en situacións adversas

O Concello de Culleredo dirixe esforzos en materia de educación viaria para os mozos do municipio. O curso de condución segura levarase a cabo en dúas edicións o fin de semana do 25 e 26 de outubro. As sesións impartiranse no espazo multiusos do paseo marítimo do Burgo, en horario de 9:00 a 18:00.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina