O Concello finalizou a reparación de Hersa e Sanjurjo de Carricarte

O Concello de Culleredo completou os traballos de reparación do pavimento na unión da rúa Hersa coa rúa Sanjurjo de Carricarte, no Burgo. Esta confluencia das dúas vías semipeonís danouse polo paso de vehículos pesados rompendo algunhas das baldosas neste punto.

O goberno local decidiu substituír as lousas danadas por outras de material máis resistente, que poida aguantar mellor o paso de vehículos. O acceso de vehículos pesados con moita carga provocou estes danos no cambio de rasante, que soporta especialmente o peso.

Estas dúas rúas, de carácter residencial e comercial, convertéronse en semipeonís hai máis dun ano polo acordo alcanzado entre o goberno municipal e a asociación de comerciantes, que desexaba potenciar o paseo dos cidadáns, pero tamén quería a entrada de coches con zonas de carga e descarga, que tamén instaurou o Concello, pero o que non está permitido é o acceso de camións.

A Policía Local de Culleredo xa tomou cartas no asunto, primeiro con avisos e logo xa con algunha sanción polo seu incumprimento. O primeiro tenente de alcalde e responsable de Seguridade Cidadá, José Ramón Rioboo, avanza que esta vixilancia da Policía Local se intensificará. O obxectivo consistirá en previr o paso de vehículos pesados, que xa dispoñen dunha zona de carga e descarga na avenida de Ribados.

A propia asociación de comerciantes pediu tamén aos propietarios dos negocios que actúen conforme á normativa e cingan o acceso ás rúas a turismos ou vehículos de pequena carga.

O goberno municipal cre imprescindible o cumprimento desta restrición para que as rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte combinen o uso peonil coa carga e descarga como desexan os comerciantes, e en moitos casos os clientes, favorecendo a súa actividade

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina