O Concello inviste máis de 350.000 euros na mellora de 9 parques infantís este ano

A extensa rede de parques infantís de Culleredo será un dos principais focos de actuación do Concello nas próximas semanas, dando resposta ás necesidades das familias de dispor de zonas de xogos nas mellores condicións. O investimento municipal superará os 350.000 euros para modernizar ata 9 parques.

O goberno local ampliará o espazo de dous dos parques máis concorridos: o da avenida de Juan Carlos I, no Burgo, e o do Parque da Torre de Celas. A súa superficie duplicarase aproximadamente. Son dúas zonas de xogos situadas en dous espazos verdes cunha concentración de decenas de nenos de modo habitual.  

O plan do Concello pasa por incrementar a seguridade dos recintos cun novo pavimento que amortigüe mellor os golpes. En concreto, o goberno local procederá a substituír o chan dos seguintes parques, ademais de en os dous anteriores:

  • Centro social de Sueiro
  • Goiente (Sueiro)
  • A Senra, en Vilaboa
  • Centro social de Sésamo
  • José Prieto, na Corveira
  • Paseo Tierno Galván, en Acea de Ama
  • Costa da Lonxa, no Burgo

En todos eles realizaranse obras de cambio de firme por outro novo de caucho, que evite accidentes por caídas e impida a penetración da auga da choiva. Ademais, melloraranse os peches perimetrales. Noutros casos substituiranse xogos que se foron deteriorando co paso do tempo.

No caso da praza José Prieto, na Corveira, o Concello instalará as innovadoras cubertas para alargar o tempo de uso do parque. E paneis de vidro de seguridade para protexer aos nenos do vento.

As obras están en marcha no de Costa da Lonxa, onde xa se retirou o firme anterior e trabállase na colocación do novo.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, avanza que as actuacións adaptarán os parques á normativa europea, "buscando a máxima seguridade e confort para os pequenos e as súas familias".

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina