O Concello logra 4 millóns de remanente que permiten un novo plan de investimentos

O goberno de Culleredo obtén un sobresaliente en xestión económica. Un arduo traballo de todos os departamentos municipais baixo uns obxectivos de aforro integral impostos polo actual equipo de goberno lograron que o Concello siga crecendo economicamente e obteña o remanente de tesouraría positivo máis elevado da década.
 
O Concello acaba de coñecer a liquidación do exercicio económico de 2014. Sáldase cun superávit de 1.621.780,09 euros e un remanente positivo de 4.083.645,06 euros, o que constata a boa saúde das arcas municipais.

Pero é no remanente de tesouraría, magnitude que serve para ofrecer unha imaxe real da situación económica municipal, onde se pon de relevancia que a mellora da xestión económica era un dos obxectivos do acordo alcanzado hai dous anos entre Julio Sacristán e José Ramón Rioboo. Os máis de 4 millóns logrados fan que o remanente creza un 31,78% con respecto a 2013.

A obtención deste remanente positivo permite ao Concello de Culleredo a amortización das operacións de crédito concertadas, pero tamén a realización de investimentos sustentables, segundo a disposición adicional novena do Real Decreto-Lei 17/2014.

Sacristán e Rioboo decidiron que esta impecable xestión económica ten que traducirse en actuacións para os veciños, dados os grandes resultados cultivados. Así, como xa se fixo coa próxima rehabilitación do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo e coa remodelación do campo de fútbol de Rutis, xa en marcha, o Concello programará diversas actuacións con parte deste remanente, para atender a necesidades veciñais.

O rexedor explica que, en termos xerais, destinarase ao redor dun millón de euros a adiantar a amortización dos créditos, e ao redor doutro millón para os investimentos, que levarán ao pleno ordinario deste mes de febreiro. Os restantes dous millóns manteranse como remanente, reservando así un fondo importante para posibles continxencias e imprevistos futuros.

Sacristán sinala como claves para este crecemento económico ao "traballo coordinado entre todas as áreas promovendo a contención de gasto". E por suposto, a "imprescindible" implicación dos traballadores municipais.

Rioboo destaca que estes resultados económicos "históricos" veñen propiciados pola unión de forzas dos candidatos con maior apoio cidadán nas pasadas eleccións. O primeiro tenente de alcalde asegura que o crecemento da economía municipal era "unha prioridade para ter unha base sobre a que programar obras para os veciños e á vista está que se está conseguindo".

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina