Os nenos cullerdenses suman unha nova alternativa saudable para o tempo libre do verán: a natación. O Concello e o Club Natación Culleredo lanzan un campamento deportivo e cursos intensivos para nenos, de 3 a 12 anos de idade. A inscrición está aberta.
O Concello estrea exposición no botánico do Burgo, na que son os propios veciños os protagonistas, exhibindo as creacións que realizaron durante todo o curso nas actividades municipais de cultura. Manualidades, pinturas en óleo, debuxos ou confeccións son algúns dos elementos expostos.
O Concello de Culleredo, ante o inminente comezo das XV Mañás de Campamento, organiza unha reunión informativa cos pais ou titores dos participantes. Terá lugar o venres 20 de xuño, ás 19.30 horas, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Despois de anos de espera e tras intensificar as peticións, o Concello de Culleredo recibiu a confirmación verbal, por parte da Consellería de Sanidade, de que o Consello da Xunta aprobaba a licitación do demandado novo centro de saúde para o municipio. O goberno municipal espera que xa non se produzan novos atrasos dada a prioridade da infraestrutura para os veciños.
O Concello de Culleredo lanza un curso de zumba durante o verán, dirixido aos mozos e mozas de 14 a 18 anos de idade, de carácter gratuíto. Terá lugar todos os venres de xullo e agosto en horario de 20.00 a 21.00 horas no centro social de Fonteculler.
Durante os días 9, 10 e 11 de xuño desenvolveuse no IES Universidade Laboral de Culleredo un curso piloto de electricidade básica para o mantemento de aeroxeradores. Trátase dunha acción enmarcada dentro do proxecto Leonardo da Vinci TOI (Transfer of the Innovation), financiado con fondos europeos.
O Club Baloncesto Culleredo e o Sporting Burgo organizan sendos campus de verán, cos que colabora o Concello de Culleredo. As inicitivas permiten unha alternativa saudable para o verán dos nenos.
O Concello de Culleredo reuniu o pasado sábado a un cento de participantes no Torneo de Chave que alcanzou a súa XXXIII edición. O club de chave Aldea, de Vigovidín, núcleo da parroquia de Almeiras, resultou o vencedor da proba.
O Conservatorio Municipal de Culleredo celebra o mércores 11 de xuño a segunda edición do encontro Batutas e Bastóns, coordinado e presentado polo profesor Marcos Seoane. Nesta ocasión, o encontro recibe a unha eminencia da música: Jesús López Cobos, director de orquestra que mesmo recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes.
O Concello de Culleredo solicita á Xunta máis ahoras atención ás persoas con dependencia e dar novas altas, un programa que entende debe ser "prioritario". O Concello está a investir da orde de 328.000 euros, cifra moi superior aos 145.000 euros que destina a Xunta.
O Concello de Culleredo organiza o domingo, 8 de xuño, o Festival Municipal de Patinaxe Artística, que alcanza este ano a súa XX edición. Terá lugar no polideportivo do Burgo desde as 17.30 horas.
O Concello recibe, da Feira da Reciclaxe celebrada pasada organizada por Insertega, ,150 kg de produtos alimenticios non perecedoiros, froito da xestión dun punto de recollida disposto no recinto feiral e do 10% do recadado en concepto de taxas aos participantes.
O Concello de Culleredo, ante a previsión de malas condicións meteorolóxicas para este xoves e venres, varía o emprazamento do programa "A música sae á rúa" para asegurar a celebración da actuacións. Serán no auditorio do Conservatorio Municipal, no Burgo.
O taller para ensinar a reducir a factura da luz vivirá esta semana a súa terceira edición. Será no centro sociocultural de Almeiras, o xoves 5 de xuño ás 18.00 horas.
O colexio de Tarrío celebrou o pasado sábado o seu 40 aniversario coa VIII Tarriomería, evento que reúne cada ano por centos de persoas entre pais, alumnos, ex alumnos, veciños e amigos do centro.
O Club Natación Culleredo celebrou a pasada fin de semana a clausura das súas actividades do curso. O Concello agradeceu ao Casino pola súa colaboración e felicitou o bo facer do club.
O Concello de Culleredo leva a cabo este ano un importante esforzo económico para ampliar o parque móbil municipal. O goberno local incorporará un total de 11 vehículos para mellorar os servizos das áreas de Seguridade Ciudana, Benestar Social, Medio Ambiente ou Formación.
O paseo marítimo do Burgo acollerá o domingo, 1 de xuño, a terceira edición da Carreira pola Ría, cunha participación prevista de máis de 1.000 persoas. Está organizada pola asociación Castelo Deporte, coa colaboración do Concello. O carril bici quedará pechado por este motivo en horario de 10.00 a 15.00 horas.
Culleredo terá o seu propio premio de teatro afeccionado ante ao auxe que está a ter esta modalidade artística no municipio. El Ruiseñor e o Concello abren a recepción de obras, que o xurado visionará en video e seleccionará as que se representarán en vivo no municipio, nun mes cargado de teatro.
O Concello de Culleredo adxudica o uso da Casa Rosa do Burgo á Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM), co obxectivo de proporcionar un inmoble para o desenvolvemento dun centro de rehabilitación dirixido aos veciños de Culleredo e da comarca con esta enfermidade.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER