O Concello destina 250.000 euros a obras de mellora da seguridade viaria

O Concello de Culleredo abre a licitación dun paquete de obras que permitirá a realización de numerosas melloras no municipio, respondendo as necesidades transmitidas polos propios veciños. Será un investimento de 253.541,37 euros que inclúe as seguintes actuacións:

  • Pavimentación de Vinxeira a Sueiro, As Granxas e rúa Os Condes: 74.621,11 euros
  • Pavimentación da rúa Conde de Lemos, rúa Joaquín Sorolla e acceso ao CEIP Díaz Pardo: 71.461,44 euros
  • Pavimentación no núcleo de Celas: 61.060,40 euros
  • Pavimentación na rúa Riazor, Orro e instalación de rede de fecais en Peiro: 46.398,42 euros

O goberno local destaca que se trata de actuacións demandadas polos veciños ou detectadas polos servizos municipais e que suporán un notable incremento da seguridade viaria. As obras abordarán tanto a mellora de vías no rural como na trama urbana.

Nesta destaca a remodelación do acceso ao colexio do Burgo. Para ordenar a circulación nun punto polo que día a día pasan centos de alumnos, profesores e pais proxéctase a construción dunha pequena rotonda e un cambio na zona para peóns da ponte baixa a autoestrada.

Dadas as dificultades de accesibilidade existentes pola estreiteza do paso, o Concello unificará as beirarrúas facendo unha máis ampla para propiciar a mobilidade dos peóns.

O contrato estrutúrase nos 4 lotes especificados anteriormente. As ofertas poden presentarse individualmente a cada un deles.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina