Culleredo prepárase para a súa tradicional exaltación da castaña. O Magosto Municipal, que organiza o Concello, terá lugar este sábado 8 de novembro no parque de Celas, desde as 18.00 horas, e prevese a degustación de máis de 500 quilos de castañas por un milleiro de persoas.
A vertente gastronómica será a principal en Celas. Os asistentes poderán probar castañas asadas, touciño á brasa, e viño, acabando coa tradicional queimada. O prezo por persoa será de 2 euros. Tampouco faltará a música para pasar a tarde. A festa estará amenizada polo Dúo Compás.
O parque de Celas conta ademais coa pista cuberta, polo que en caso de inclemencias meteorolóxicas os asistentes poderán protexerse.
O Magosto Municipal de Culleredo é o máis concorrido da comarca. O goberno local buscou a data máis próxima ao comezo de novembro, por antonomasia a propia do magosto, para levar a cabo esta celebración e así manter unha tradición galega con moito arraigamento en Culleredo.
O Magosto conta coa colaboración da Sociedade Cultural e Deportiva O Cruceiro de Celas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER