Culleredo moderniza a frota de vehículos de benestar, medio ambiente e promoción económica

O Concello de Culleredo moderniza e incrementa a súa frota de vehículos para mellorar a prestación de distintos servizos municipais. O goberno municipal presentou 5 furgonetas e un turismo que reforzarán os servizos sociais, medio ambiente, promoción económica e os servizos xerais do Concello.

O acto, celebrado diante da Casa do Concello estivo presidido polo alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, acompañado do primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, e da concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias. Os responsables da concesionaria do contrato explicaron as características e funcionalidades dos novos vehículos.

O alcalde explicou que o Concello leva a cabo este ano un importante esforzo económico para ampliar o parque móbil municipal con obxecto de que o persoal "dispoña de medios acordes coas necesidades dos servizos municipais".

Os novos vehículos, que funcionarán desde xa, distribúense da seguinte maneira:

  • Unha furgoneta e un coche para servizos sociais
  • Dúas furgonetas para medio ambiente
  • Unha furgoneta con remolque para promoción económica
  • Unha furgoneta para servizos xerais do Concello

Sacristán sinalou que os vehículos asociados a servizos sociais destinaranse a importantes programas, como axuda a domicilio ou ao centro de formación ocupacional para persoas con discapacidade intelectual da Escada. Os restantes servirán para diferentes labores de traslados e transporte das concellarías.

En todos os casos, o Concello contratou os vehículos mediante a modalidade de renting, cun prazo máximo de 4 anos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina