Co obxectivo de desmitificar que a máquina condicione o pensamento artístico do home, Luís Galán ofrece o xoves, 30 de outubro, un taller de ilustración vectorial. Os asistentes poderán aprender como trasladar o seu debuxo creativo a computador mediante esta técnica.
Trátase dunha actividade encadrada na exposición "As Mariñas de nunca xamais", de Luís Galán, que organiza o Consorcio As Mariñas. O taller terá lugar en horario de 18.30 a 20.30 horas na aula de Natureza do Burgo.
O autor desmenuzará inicialmente algunha das súas ilustracións, explicando as posibilidades que ofrecen as novas ferramentas dixitais. Posteriormente, tras un encontro de debuxo na rúa, Galán mostrará como transformar o bosquexo en ilustración vectorial.
A mostra "As Mariñas de nunca xamais", instalada no xardín botánico, reúne algunhas paisaxes da área metropolitana en vectorial, realizados polo ilustrador. As cores vivas dos traballos chaman especialmente a atención dos visitantes.
A exposición aínda se pode ver esta semana, ata o venres, no botánico. O horario de visita é de 18.00 a 21.00 horas.
A iniciativa forma parte do programa cultural común polo que apostan os 9 Concellos do Consorcio, con obxecto de difundir as manifestacións culturais de artistas da comarca.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER