O Concello lanza 290 horas de formación para desempregados

O Concello de Culleredo lanza un amplo plan de formación cun obxectivo claro: incrementar a capacitación e así promover a inserción laboral de veciños que se atopen en situación de desemprego. A Concellaría de Formación deseñou un programa que conta con 289 horas e 148 prazas en modalidades elixidas segundo as necesidades do mercado laboral.

O goberno municipal tivo en conta as necesidades cambiantes dos postos de traballo á hora de configurar a oferta de accións formativas.  O plan de formación terá lugar durante os próximos meses no centro municipal de Formación e Emprego Pablo Picasso, situado no Burgo, na rúa Antonio Machado.

As accións formativas incluídas son as seguintes:

Manipulador de alimentos (4 horas, 20 prazas) (dúas edicións): aprendizaxe de técnicas adecuadas de hixiene e sanidade alimentaria para a manipulación de alimentos.

Servizos de bar e cafetaría (40 horas, 12 prazas): desenvolvemento dos procesos de preservicio, servizo, e postservicio propios dun bar-cafetaría.

A coctelería. Iniciación. (15 horas, 12 prazas): ampliación de coñecementos para a especialidade de camareiro, adquirindo coñecementos sobre produtos e ferramentas.

Nivel básico en prevención de riscos laborais (60 horas, 15 prazas): formación nos contidos do convenio colectivo xeneral sobre o sector da construción para as funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.

Introdución á instalación eléctrica básica dunha vivenda (40 horas, 12 prazas): nocións básicas para a montaxe dunha instalación eléctrica comprendida no regulamento electrotécnico.

Ferramentas informáticas básicas para a busca de emprego (30 horas, 15 prazas): introdución ao manexo das operacións básicas das aplicacións de internet para facilitar a procura de emprego.

Técnicas de venda e atención ao cliente. (40 horas, 15 prazas): habilidades de venda comercial e adquisición de coñecementos sobre os elementos que interveñen no proceso de venda e na atención ao cliente.

Operacións auxiliares no punto de venda (20 horas, 15 prazas): aprendizaxe das operacións auxiliares de reposición, disposición e acondicionamento no punto de venda.

Manipulación de cargas con carreta elevadora. (20 horas, 12 prazas): manipulación e desprazamento de diferentes tipos de mercadoría usando a carreta elevadora. É necesario dispor do carné de conducir B1.

O goberno local introduciu nesta convocatoria novidades como a coctelería, a instalación eléctrica das vivendas ou as operacións auxiliares no punto de venda, tendo en conta as necesidades do panorama laboral.

O plan está destinado a veciños de Culleredo, preferentemente en situación de desemprego e inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia. A inscrición nas accións realizarase do 1 ao 5 de setembro, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no centro Pablo Picasso.

Cada solicitante só poderá realizar un curso de entre os ofertados na convocatoria. No caso de recibir máis peticións que prazas, realizarase un sorteo público.

A concelleira de Formación, Marta Iglesias, explica que é de "máximo interese" para o Concello apoiar, na medida das súas poucas competencias en emprego, aos desempregados. Neste sentido, a organización dun plan de formación é unha das medidas adoptadas para contribuír a unha capacitación "que é o mellor camiño á inserción laboral".

Iglesias lembra ademais que as persoas en situación de desemprego poden atopar no centro municipal un traballo de asesoramento e orientación laboral. Para iso só teñen que contactar co centro municipal Pablo Picasso no número 981 66 42 04.

Vista previaAdxuntoTamaño
plan_formacion_2014.pdf483.48 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina