O Concello de Culleredo inicia por primeira vez un programa de educación na convivencia. Abordará as habilidades sociais básicas, poñendo énfase nos aspectos que máis requiren unha formación, de acordo cos docentes. Participarán 569 alumnos dos colexios Ría do Burgo, Sofía Casanova, Tarrío, Ponte Pasaxe e o IES Eduardo Blanco Amor.
O Concello deseñou un amplo plan de arranxo de beirarrúas, centrado nos núcleos urbanos do municipio, que son os que contan con maior número de beirarrúas. As actuacións, desenvolvidas desde o pasado mes de outubro, complétanse agora co arranxo das beirarrúas na contorna da praza da Sagrada Familia, en Vilaboa.
O Concello de Culleredo inaugurou a exposición "Moncho Valcarce. Unha vida de compromiso con Galicia", un dos actos de homenaxe ao que foro cura de Sésamo e Sueiro e concelleiro cullerdense. A mostra recorre a vida de Valcarce mediante diferentes paneis.
O Concello de Culleredo inicia un novo servizo administrativo para facilitar os trámites ao cidadán. Agora, o propio Concello pode xestionar ante a Dirección Xeral de Tráfico os cambios de domicilio relativos a vehículos pertencentes a empadroados no municipio.
O Concello de Culleredo comeza esta semana os actos de homenaxe a Moncho Valcarce, destacada personalidade no municipio polo seu papel veciñal e cultural. Esta homenaxe realízase conmemorando os 20 anos do seu falecemento, en conxunto coa Irmandade Moncho Valcarce.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, mantivo unha reunión cos responsables da concesionaria do transporte metropolitano con obxecto de pedir variacións ante a reordenación dos servizos. O Concello e a empresa alcanzaron un principio de acordo para adiantar o inicio dos transportes, restablecer o dos mediodías, ampliar os dos sábados e garantir o regreso de todos os cidadáns desde A Coruña ás últimas horas do día.
Os cambios no servizo de transporte metropolitano de Culleredo, aprobados pola Xunta de Galicia, non convencen completamente ao Concello. Aínda que si se logran melloras nalgunhas zonas, os novos horarios autorizados a petición das concesionarias dos servizos empeoran a mobilidade de moitos veciños e non dan solución a algunhas das cuestións solicitadas polo goberno municipal.
O Concello mellora as prestacións da avenida de Juan Carlos I, unha das rúas con maior tránsito do municipio. O goberno local, que vén de repoñer as bandas rugosas e de colocar un novo espello no cruce con Anxo Senra, anuncia a reparación do asfalto da vía.
O Concello de Culleredo abre este domingo, 12 de xaneiro, a tempada anual do feirón de Acea de Ama, cita xa tradicional na comarca que reúne por centos de persoas o segundo domingo de cada mes. O evento celébrase en horario de 10.00 a 15.00 horas na rúa Vicente Risco.
O Concello de Culleredo completou a reforma da rúa Estreita de Vilaboa, situada ao final do núcleo e que dá servizo a un importante conxunto de vivendas de carácter unifamiliar. Agora, a rúa presenta un aspecto renovado e con prestacións melloradas.
As festas do Nadal constatan o gran interese que suscita o teatro en Culleredo. O Concello deseñou unha ampla programación cultural na que sobresaía a oferta teatral para todos os públicos, aínda que estaba pensada especialmente para o público infantil.
O Concello de Culleredo introduciu este ano unha compoñente solidaria á súa programación do Nadal. Para contribuír coas familias con maior necesidade do municipio, o goberno local, a través dos seus diferentes departamentos, propuxo aos veciños e participantes nos actos a achega de alimentos non perecedoiros.
O Concello de Culleredo informa da oferta de prazas vacantes para as escolas de natación, organizadas a través do Club Natación Culleredo, de cara a este inicio de ano 2014.
Os Reis Magos terán o domingo 5 de xaneiro unha axetreada axenda en Culleredo. O Concello organizou diferentes actos coas Súas Maxestades, que inclúen a tradicional Cabalgata polos núcleos urbanos e as visitas aos diferentes centros sociais das parroquias do rural.
O polideportivo municipal de Vilaboa será o escenario, o venres 3 de xaneiro, dun dos principais actos organizados polo Concello de Culleredo na campaña do Nadal de dinamización do comercio local. Trátase da denominada "Disco Lite", unha gran festa infantil que reunirá a decenas de nenos do municipio.
Cheo absoluto no auditorio do Conservatorio Municipal de Música na Gada de Nadal do Concello de Culleredo. Un gran espectáculo de carácter interxeneracional que combinou a excelencia artística da compañía de teatro El Ruiseñor coas impresionantes voces da coral Fonte do Souto.
O Nadal en Culleredo tamén ofrece espazos reservados para o deporte. Os distintos eventos deportivos que se celebrarán entre os vindeiros sábado e domingo no municipio, organizados por distintos clubs apoiados polo Concello, reunirán a máis de medio milleiro de participantes de todas as idades.
O cotexo de documentación e a obtención de determinados certificados non levarán o pago de ningunha taxa aos veciños de Culleredo. O goberno municipal elimina un total de 13 epígrafes da ordenanza fiscal número 6 para facilitar os trámites coa administración municipal por parte dos cidadáns.
O goberno de Culleredo abre as rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte á entrada de vehículos para impulsar a actividade comercial da zona. Ambas as rúas converteranse en semipeoniis en horario de 9.00 a 21.00 horas para habilitar unhas novas prazas de aparcadoiro exprés que permitan aos cidadáns a realización de compras nos negocios locais.
O goberno de Culleredo leva a cabo un ambicioso plan de mellora da seguridade viaria na zona urbana do municipio. As actuacións empréndense despois de efectuar unha profunda revisión do estado das rúas, que concluíu cun conxunto de reparacións necesarias xa en marcha.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER