Andaina de pacientes e familiares de Parkinson polo paseo do Burgo

O Concello de Culleredo prosegue con traballo, en materia sanitaria, co tecido asociativo. Nesta ocasión, e xunto coa Asociación de Parkinson, organiza unha marcha polo paseo marítimo do Burgo este venres, 19 de setembro.

Participarán tanto pacientes como familiares, co obxectivo de dinamizar a actividade física das persoas nesta situación, explica Penélope López, concelleira de Sanidade. A actividade, encadrada no programa "Pasiño a pasiño", iniciarase ás 17.00 horas e rematará ás 17.45 na aula da Natureza.

Neste punto, os participantes tomarán un tentempié e recibirán a visita de responsables do Concello. O acto finalizará coa actuación dun grupo de pandereteiras.

A concelleira destaca o "enorme e proveitoso traballo" da asociación para apoiar aos pacientes. E por iso o Concello quere contribuír á súa calidade de vida con programas saudables como este.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina