I Andaina Solidaria en Culleredo polos trastornos de personalidade

A asociación TP GALICIA organiza o 28 de setembro unha andaina solidaria en colaboración co Concello de Culleredo e CASTELO DEPORTE. A actividade ten dúas finalidades, dunha banda sensibilizar á poboación sobre os trastornos de personalidade e doutra recadar fondos para, entre outros obxectivos, que a entidade poida dar cobertura a un grupo de apoio de persoas con trastornos de personalidade e familiares en Culleredo e fomentar a investigación neste campo.

A I Andaina Solidaria desenvolverase polo val de Veiga, o vindeiro domingo 28 de setembro. A saída e chegada estará establecida en Ledoño. Serán un total de 8,5 quilómetros de percorrido.

Estableceuse unha cota de inscrición de 10 euros para propiciar esa recadación de fondos. A inscrición inclúe o seguro, unha camiseta e degustación de empanada ao final da marcha.

As inscricións poden facerse ata o martes 24 na web www.castelodeporte.org.

A concelleira de Sanidade, Penélope López, anima á cidadanía a participar na actividade, para contribuír cos fondos que son tan necesarios para as persoas con estas doenzas. Ademais, destaca que se trata dunha acción “saudable e que servirá para concienciar á sociedade”.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina