Alcaldía

Emotiva honra á memoria histórica de José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto, membros da guerrilla antifranquista de Culleredo

Culleredo viviu unha xornada moi emotiva e especial para a recuperación da memoria de dous veciños que pelexaron pola liberdade. O Concello e Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, de acordo coas familias, celebraron o acto de homenaxe e entrega dos corpos de José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto, naturais da parroquia de Almeiras, membros da guerrilla antifranquista asasinados o 22 de xuño de 1952 en Visantoña (Mesía).

Acto de homenaxe e entrega dos corpos dos veciños José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto

O Concello de Culleredo e Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, de acordo coas familias, celebran o luns 25 de agosto o acto público de homenaxe e entrega dos corpos de José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto, naturais da parroquia cullerdense de Almeiras, membros da guerrilla antifranquista asasinados o 22 de xuño de 1952 en Visantoña (Mesía).

O Concello de Culleredo recibe á plataforma veciñal de Ledoño e reafirma o seu apoio para manter a rotonda

O Concello de Culleredo recibiu este martes, 19 de agosto, no Salón de Plenos á plataforma veciñal que defende a permanencia da rotonda de Ledoño na AC-523, na intersección coa estrada de Rumbo. O alcalde, José Ramón Rioboo, acompañado por membros dos diferentes grupos da corporación municipal, trasladou aos representantes veciñais o apoio do goberno local e detallou os próximos pasos que se seguirán nas seguintes semanas. 

Trofeos de fútbol municipais 2025 - Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo gozará durante varias semanas de torneos de fútbol, desde o sábado 9 de agosto ata o vindeiro domingo 31 de agosto. Haberá catro categorías diferentes que permitirán que os distintos equipos do municipio poidan participar, divididos entre afeccionados, veteranos, fútbol base e fútbol feminino.

Información sobre as obras de Emalcsa na avenida Electo Carballo

O Concello de Culleredo informa de que as obras que acaba de iniciar Emalcsa na avenida Electo Carballo, no Portádego, poden afectar á circulación normal pola zona. En concreto, os traballos iniciados onte pola empresa de augas están a realizarse na contorna da intersección coa estrada Nacional 550, e o tráfico está a ser regulado mediante semáforos.

O Concello de Culleredo proporá dedicar o paseo marítimo a Julio Sacristán

O Concello de Culleredo proporá que o paseo marítimo da ría do Burgo pase a denominarse "Paseo Marítimo Alcalde Julio Sacristán", en recordo a quen foi rexedor do municipio durante 34 anos e unha figura clave na transformación urbana, social e económica.

Loito oficial polo falecemento de Julio Sacristán

O Concello de Culleredo lamenta profundamente o pasamento de Julio Sacristán de Diego, alcalde do municipio entre 1983 e 2017, e declara tres días de loito oficial. Descanse en paz.

Dispositivo especial de seguridade polas Festas de Vilaboa

Vilaboa vive desde o 11 ao 15 de xullo seus festexos patronais que organiza a Comisión de Festas. Espérase a afluencia de miles de persoas de Culleredo e arredores polo que os festexos contarán cun dispositivo especial de seguridade da Garda Civil, a Policía Local, o Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, ademais do 061.

APP Código Violeta

O Concello de Culleredo ofrece a APP Código Violeta para as festas de Vilaboa e O Burgo, polo seu carácter multitudinario. Trátase dunha aplicación móbil que permitirá a quen poida estar a sufrir unha situación de perigo emitir un aviso automático e urxente ás forzas de seguridade que conforman o operativo na zona.

Accede á web de Código Violeta para descargar a APP.

Bando San Xoán 2025

Con motivo da celebración das festas do San Xoán 2025, resulta necesario regular algúns aspectos da nosa convivencia cidadá.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina