Declaración institucional do alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo Castro, anteo estado de alerta e emerxencia sanitaria instaurados para frear o avance do coronavirus.
O plan do Concello de Culleredo para crear parques cubertos chega á praza das Brañas, en Fonteculler. Trátase do punto neurálxico do núcleo, xunto ao centro social, e o goberno local aposta por cubrilo para incrementar o seu tempo de uso con independencia das inclemencias meteorolóxicas
O Concello de Culleredo e os veciños fan fronte común na defensa dos seus intereses ante a revisión do Plan Director do Aeroporto que impulsa o Estado. O alcalde, José Ramón Rioboo, logrou en Madrid a ampliación do plazo de presentación de alegacións.
O Concello de Culleredo traballa nun estudo detallado da proposta de revisión do Plan Director do Aeroporto de Alvedro. O obxectivo é contar cun informe técnico rigoroso e pormenorizado que permita ao Concello formular as alegacións pertinentes para defender os intereses dos veciños.
O Concello de Culleredo iniciou hoxe os traballos de construción dunha glorieta na avenida de Fonteculler, no cruce co acceso á urbanización A Ría e ao colexio Ponte Pasaxe, un dos puntos de maior circulación rodada do municipio.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, mantivo o venres unha reunión de traballo con Autopistas do Atlántico para abordar as afeccións por ruído que presenta a AP-9 no municipio. Foi acompañado do equipo redactor do Plan Xeral, dado que o informe de Medio Ambiente pedía á súa vez que se revisasen algúns ámbitos afectados polo ruído da infraestrutura.
O Concello de Culleredo xa mantén contactos con Autopistas del Atlántico para evitar os prexuízos polo ruído da AP-9 aos veciños da contorna. O vindeiro venres, 15 de setembro, o alcalde, Julio Sacristán, reunirase con responsables da entidade e co equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal de cara a demandar medidas que palíen a afección por ruído da infraestrutura.
Un novo plan de investimentos froito do acordo entre o goberno local e a Marea Veciñal de Culleredo está aprobado de forma inicial. O Concello elevou a proposta ao pleno municipal cun resultado positivo ao non producirse ningún voto en contra.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER