O Concello de Culleredo iniciou hoxe os traballos de construción dunha glorieta na avenida de Fonteculler, no cruce co acceso á urbanización A Ría e ao colexio Ponte Pasaxe, un dos puntos de maior circulación rodada do municipio.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, mantivo o venres unha reunión de traballo con Autopistas do Atlántico para abordar as afeccións por ruído que presenta a AP-9 no municipio. Foi acompañado do equipo redactor do Plan Xeral, dado que o informe de Medio Ambiente pedía á súa vez que se revisasen algúns ámbitos afectados polo ruído da infraestrutura.
O Concello de Culleredo xa mantén contactos con Autopistas del Atlántico para evitar os prexuízos polo ruído da AP-9 aos veciños da contorna. O vindeiro venres, 15 de setembro, o alcalde, Julio Sacristán, reunirase con responsables da entidade e co equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal de cara a demandar medidas que palíen a afección por ruído da infraestrutura.
Un novo plan de investimentos froito do acordo entre o goberno local e a Marea Veciñal de Culleredo está aprobado de forma inicial. O Concello elevou a proposta ao pleno municipal cun resultado positivo ao non producirse ningún voto en contra.
O Concello de Culleredo implicou ás asociacións do municipio no desenvolvemento da súa estratexia de desenvolvemento urbano sustentable e integrado (DUSI), para que logrou o financiamento da Unión Europea. A través dos Consellos Sectoriais fóronse analizando as propostas e nun encontro celebrado no salón de plenos, o Consello Xeral de Participación Cidadá aprobou un total de 14 accións de diferente ámbito.
O Concello de Culleredo traballa desde hoxe coas asociacións do municipio no desenvolvemento da súa estratexia de desenvolvemento urbano sustentable e integrado (DUSI), para que logrou o financiamento da Unión Europea. De feito, Culleredo é o único concello da área metropolitana e un dos 12 de Galicia que conseguiu a subvención europea.
O Concello de Culleredo cambiará a imaxe de dúas rúas do centro urbano do Burgo para mellorar as súas prestacións aos veciños e situalas acorde coas xa renovadas na contorna. O Concello acaba de formalizar o contrato para a obra de humanización das rúas Celso Emilio Ferreiro e San Manuel, en pleno núcleo, xunto á praza de Galicia e a rotonda de Costa da Lonxa.
A boa situación económica que presenta o Concello de Culleredo, do mesmo xeito que outros moitos concellos, choca coa prohibición determinada polo Goberno do Estado de empregar eses fondos en investimentos para os veciños. Por iso, o goberno municipal que preside Julio Sacristán presentará mañá xoves 27 de abril no pleno ordinario unha iniciativa para esixir ao Goberno Central que autorice o uso do superávit.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER