O Concello de Culleredo inicia por case 1,5 millóns de euros a contratación de varios proxectos baixo fondos FEDER e dentro do plan Culleredo Vivo. Trátase da renovación dos centros sociais de Sueiro e Sésamo, o proxecto de humanización en Vilaboa e a mellora da seguridade viaria na zona escolar urbana do municipio. Estes traballos están cofinanciados pola Unión Europea a través de Fondos FEDER.
As ANPA de Culleredo, co apoio do Concello, reclaman á Xunta de Galicia medidas para incrementar a seguridade do alumnado de Infantil e Primaria no inicio do curso escolar.
O Concello de Culleredo informa do corte ao tráfico que experimentará a avenida de Rutis desde o vindeiro luns 10 de agosto. Débese ás obras que acomete Unión Fenosa no tramo da liña de alta tensión que comprende entre Acea de Ama e Vilaboa.
O Concello de Culleredo informa de que Unión Fenosa comezou unhas obras con carácter de urxencia no tramo da liña de alta tensión que comprende entre Acea de Ama e Vilaboa. Os traballos responden á avaría producida nesa liña, que conecta as subestacións de Sabón e San Marcos.
O Concello de Culleredo publica un novo Bando da Alcaldía sobre as medidas a adoitar para loitar contra a propagación do coronavirus.
O Concello de Culleredo, no marco xeral das medidas adoptadas para previr a difusión do coronavirus, estima conveniente ditar, no ámbito das súas competencias en materia de transporte e mobilidade, unha serie de instrucións referidas en concreto ao sector do taxi, tendo en conta tanto aos usuarios do servizo como aos profesionais que o prestan, posto que se desenvolve en espazos reducidos, con intercambio de moedas e billetes e aténdese a numerosos clientes ao longo de cada día.
Declaración institucional do alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo Castro, anteo estado de alerta e emerxencia sanitaria instaurados para frear o avance do coronavirus.
O plan do Concello de Culleredo para crear parques cubertos chega á praza das Brañas, en Fonteculler. Trátase do punto neurálxico do núcleo, xunto ao centro social, e o goberno local aposta por cubrilo para incrementar o seu tempo de uso con independencia das inclemencias meteorolóxicas
O Concello de Culleredo e os veciños fan fronte común na defensa dos seus intereses ante a revisión do Plan Director do Aeroporto que impulsa o Estado. O alcalde, José Ramón Rioboo, logrou en Madrid a ampliación do plazo de presentación de alegacións.
O Concello de Culleredo traballa nun estudo detallado da proposta de revisión do Plan Director do Aeroporto de Alvedro. O obxectivo é contar cun informe técnico rigoroso e pormenorizado que permita ao Concello formular as alegacións pertinentes para defender os intereses dos veciños.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER