A Asociación de Veciños de Castro Laxe organiza a xornada solidaria 'Todos con Carmiña'

A Asociación de Veciños de Castro Laxe organiza, coa colaboración do músico local Abel Franqueira e do Concello de Culleredo, a xornada solidaria ‘Todos con Carmiña’ o vindeiro 21 de marzo. O evento busca recadar fondos para reconstruír a vivenda de Carmen, veciña de Castro Laxe que perdeu o seu fogar nun incendio o pasado 26 de febreiro.
 
O programa benéfico comezará ás 10:30 horas cunha andaina, á que seguirá a actuación de Os da Veira do Monte. De 12:00 a 16:30 horas, o acento musical porano Abel e amigos. A solidariedade retumbará despois en Castro Laxe cunha ruta moteira ás 16:00 horas.
 
O teatro tomará o relevo ás 16:30 horas, antes de que arrinquen os concertos ás 19:00 horas coa música en directo de Gremlins, Banda del Camión, Hemacaos e Juego Sucio. Sonora Balkumbiera exercerá de DJ e, para completar a axenda, haberá un mercado benéfico, comida e sorteos.
 
A xornada terá lugar na cancha cuberta de Castro Laxe, e terá unha entrada solidaria de 10€. Os nenos poderán acceder de xeito gratuíto. O Concello convida a toda a cidadanía a asistir a esta iniciativa e contribuír coa reconstrución da casa da nosa veciña.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina