Culleredo reforza a participación da comunidade educativa coa renovación do Consello Escolar Municipal

O pleno de Culleredo dá luz verde á renovación do Consello Escolar Municipal e reforza a participación da comunidade educativa no municipio. Na sesión ordinaria de onte, martes, aprobouse a nova composición do organismo, composto por pais e nais, alumnos, mestres e representantes da administración.

O CEM asesora, consulta e propón naquilo que afecta á vida escolar no ámbito local. No seo deste organismo debátense cuestións como o transporte escolar, os comedores ou a conservación dos centros, entre outras.

Tralas últimas eleccións a consellos escolares, sindicais, autonómicas e municipais, era necesario reflectir a representación actual dos diversos membros da comunidade educativa. Máis aínda tendo en conta o contexto actual, no que a educación afronta cambios sociais e tecnolóxicos que requiren unha resposta coordinada.

Co acordo adoptado no pleno, o CEM de Culleredo queda presidido por José Ramón Rioboo en calidade de alcalde. Os dez membros que lle corresponde nomear á corporación son directores dos centros públicos do municipio; a directora do CPR Plurilingüe A Ponte Pasaxe, como colexio concertado; a presidenta de ANHIDA, centrada na atención a nenos e nenas con TDAH, como representante do tecido asociativo, e dous especialistas en educación.

Así mesmo, ratifícanse os membros escollidos polo resto da comunidade educativa: dez mestres propostos polos sindicatos, seis pais e nais, catro alumnos e o representante da Consellería de Educación. Por outra parte, as funcións de secretaría exerceraas Carmen Veira, pedagoga do Servizo Municipal de Cultura, Educación e Deportes.

O punto foi aprobado por unanimidade no pleno.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina