Os nenos revolucionaron a casa consistorial de Culleredo. O Concello abriu as súas portas aos escolares, na actividade denominada “A Constitución e a administración local”, organizada pola Concellería de Educación, para achegar a administración de forma didáctica aos rapaces. En total, o número de participantes será de 266 alumnas e alumnos de 4º de E.P., que acoden acompañados dos seus titores, cos colexios CPR Plurilingüe Andaina, CEIP Sofía Casanova, CEIP Plurilingüe Tarrío, CEIP Ría do Burgo e CEIP Díaz Pardo.
O Concello de Culleredo abre unha liña de colaboración e apoio cos afectados polas preferentes. Así o concretaron os responsables da Plataforma de Afectados por Preferentes e Subordinadas, que foron recibidos na casa consistorial polo alcalde, Julio Sacristán, e a primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares.
Ante o temporal que se prevé para a tarde de hoxe, o Concello de Culleredo anuncia a suspensión das actividades ao aire libre nos campos de fútbol. Ademais non se poderán realizar actividades nas polideportivas descubertas do municipio. Con esta medida, o Concello quere garantir a seguridade dos veciños dadas as malas condicións meteorolóxicas previstas.
O Concello de Culleredo desenvolverá obradoiros de promoción da alimentación saudable entre o alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Blanco Amor. Ten como obxecto o fomento dunha alimentación sá entre a poboación xuvenil. As actividades realizaranse entre o 14 e o 23 de xaneiro para 1º da ESO, e entre o 20 e o 28 de febreiro para os de 2º. Da iniciativa beneficiaranse 375 alumnos.
O plan de dinamización do sector hostaleiro que promoveu o Concello de Culleredo con motivo das festas de Nadal concluíu co entrega da tablet sorteadas ao abeiro das estreadas Rutas Barítimas. Tratouse dunha iniciativa organizada polo Concello para incentivar o “tapeo” polo municipio. Un total de 31 establecementos hostaleiros participaron neste novidoso formato.
O Concello de Culleredo informa de que o vindeiro día 14 de xaneiro comezan as clases do programa “Ponte a Punto”. Quedan aínda prazas vacantes para aquelas persoas que queiran apuntarse, segundo figura na información que se adxunta.
A Concellaría de Sanidade inicia o 14 de xaneiro un grupo de apoio dirixido a persoas con depresión. Esta iniciativa ten como finalidade a mellora da súa calidade de vida. A actividade terá lugar os segundos e cuartos luns de mes, en horario de 17:30 a 19:00 horas, e desenvolverase no Centro Municipal de Servizos Sociais do Burgo. As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 981.654570.
O Concello de Culleredo comezou as reunións previstas cos grupos municipais da oposición de cara á aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. O equipo redactor expuxo as liñas xerais e obxectivos do documento, con anterioridade desta forma á Comisión Informativa de Urbanismo. O goberno local prevé levar a aprobación inicial o Plan o próximo 31 de xaneiro, unha vez se dispoñan dos informes xurídicos e técnicos previstos na Louga.
O Concello de Culleredo hoxe o campamento urbano desenvolvido durante o Nadal cun sobresaliente éxito de participación e de resultados. Un total de 64 pequenos cullerdenses, de entre 3 e 12 anos de idade, compartiron estas dúas semanas xogos e talleres no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. A Dragona Ramona, mascota das Bibliotecas, foi a protagonista da despedida da actividade.
Durante os meses de novembro e decembro, o alumnado de 1º e 2º de Educación Secundaria do Instituto Educardo Blanco Amor de Culleredo, e o alumnado de 6º de E. Primaria do CEIP Ría do Burgo e 5º do Colexio A Ponte Pasaxe participaron nos obradoiros que a Concellaría de Igualdade organiza co propósito de promover valores igualitarios, de sensibilizar sobre a necesidade de correxir comportamentos e actitudes discriminatorias, sexistas e estereotipadas ainda existentes na actualidade.
O Concello de Culleredo modificou a ordenanza de terrazas para a ampliación do horario, petición expresa do sector hostaleiro para ver favorecida a súa actividade. Adiántase media hora o horario de montaxe das terrazas e aumenta unha hora a súa recollida. O horario de funcionamento das terrazas será no inverno ata as 00.30 horas, aínda que os venres, sábados e vésperas de festivo poderá incrementarse nunha hora máis. Tamén nos meses de verán poderá aumentarse unha hora.
O Edificio de Servizos Múltiples do Burgo encherase mañá co gran espectáculo teatral que ofrecerá a compañía cullerdense El Ruiseñor, incluído na programación cultural do Concello de Culleredo. Terá lugar ás 19.30 horas e leva por título "Érase unha vez...o Nadal". Á conclusión do espectáculo, os pequenos recibirán unha grata sorpresa. O Carteiro Real visitará aos pequenos para escoitar as súas peticións a poucas horas da chegada dos Reis Magos.
O venres 4 de xaneiro a campaña de dinamización levada a cabo polo Concello de Culleredo e a Asociación de Comerciantes de Culleredo chega ao seu remate con varias actividades. Na praza de Europa celebrarase un torneo de baloncesto 3x3 a partir das 10.00 horas. En Fonteculler, pola tarde, terán lugar torneos de videoxogos, chocolatada e sorteo da terceira cesta de Nadal.
O Concello de Culleredo comeza o ano cunha forte programación cultural e de ocio para os máis pequenos do municipio. A primeira actividade do 2013 será un obradoiro de maxia que terá lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo o xoves 3 a partires das 17.00 horas. Posteriormente, ás 19.30 horas celebrarase a actuación do recoñecido Mago Pablo.
O equipo redactor do Plan Xeral de Culleredo finalizou o seu traballo e entregou o pasado venres a proposta no rexistro municipal de cara á aprobación inicial. O Concello de Culleredo apunta ao 31 de xaneiro como data para que o pleno debata a proposta. O novo Plan permitirá un desenvolvemento "máis coherente" coa realidade actual de Culleredo, así como "un crecemento máis sostible", sinala o alcalde, Julio Sacristán. Unha vez que o pleno decidise o 31 de xaneiro aprobar o documento, o Concello abrirá un prazo de exposición ao público de dous meses.
Un gran espectáculo de carácter interxeneracional abarrotará o auditorio do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo o sábado 22 de decembro. O Concello une a excelencia artística da compañía de teatro El Ruiseñor coas impresionantes voces da coral Fonte do Souto. Un total de 100 persoas conforman este espectáculo. Haberá desde nenos de 4 anos ata maiores de 80 da coral. Durante a función, unha conxugación entre a teatralidad e as panxoliñas dos maiores.
Culleredo comeza este mes de decembro a primeira fase do Campionato de Tute, tradicional cita que alcanza este ano a súa XV edición. O torneo celebrarase nas sedes das asociacións de veciños. A segunda fase está fixada para o vindeiro mes de marzo.
As Rutas Barítimas do Concello de Culleredo comezan o xoves 20, en Rutis, que abrangue os núcleos de Vilaboa, A Corveira, O Portádego ou Fonteculler. O 28 chegaralle a quenda ao Burgo. Por 1,90 euros obterase unha tapa máis un viño o unha caña. Con cada consumición darase un tícket para participar no sorteo dunha tablet.
O Concello de Culleredo celebra mañá, sábado 5 de xaneiro, a tradicional Cabalgata de Reis. As Súas Maxestades chegarán cargadas de caramelos aos diferentes puntos do municipio. Na zona urbana, a cabalgata comezará ás 17.30 horas e recorrerá O Burgo, Acea de Ama, Fonteculler, A Corveira, O Portádego e Vilaboa. No tecido rural haberá visitas en diversoas centros sociais e festas.
O Concello de Culleredo instalou elementos de iluminación de Nadal nas rúas do municipio, que funcionarán do 7 de decembro ao 6 de xaneiro entre as 18:30 e a 2:00 horas, co obxecto dun maior control e aforro enerxético. Os elementos decorativos de iluminación están subvencionados pola Deputación da Coruña.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER