O Concello completa a urbanización da rúa Mosteiro de Sobrado, en Acea de Ama

O Concello de Culleredo ultima as obras de urbanización e acondicionamento na rúa Mosteiro de Sobrado, situada no centro de Acea de Ama. A vía, que une a AC-211 coa rúa Andrés Pan Vieiro, presentaba un estado deteriorado, agravado pola caída dun murete, que competía arranxar ao propietario.

O Concello procedeu a urbanizar a rúa, o que incluíu o asfaltado da calzada e o arranxo dos diferentes danos que presentaban as beirarrúas. A pavimentación incluíu tamén parte da rúa Andrés Pan Vieiro, que conecta a AC-211 coa avenida de Ribados, pasando polo Conservatorio.

Coa obra, ampliouse de forma notable a rúa, permitindo agora unha circulación cómoda para os residentes. Esta ampliación permitiu gañar espazo para o aparcadoiro de vehículos, así como un importante incremento na seguridade para os peóns. Ademais, coa actuación, o Concello procedeu  a limpar os cascallos existentes pola caída do murete.

Os veciños mostran a súa satisfacción coa realización da obra por parte do Concello. No establecemento hostaleiro radicado na rúa recoñecen que os residentes están "contentos" pola actuación, dada a necesidade que había, e polos resultados, unha rúa urbanizada e con amplitude para circular.

A obra realizouse a cargo do Plan de Obras e Servizos, financiado pola Deputación da Coruña. O investimento é de 50.000 euros, incluíndo tamén as obras de pavimentación en cálea Laberinto, de Almeiras.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina