O Concello de Culleredo licitará obras en abril por valor de 579.000 euros

O Concello de Culleredo sacará a licitación en abril diversas obras por importe de 579.942,55 euros. Correspóndense ao Plan de Obras e Servizos de 2013, ao Plan Complementario do POS 2012 e diferentes subvencións. As obras serán financiadas nun 75% pola Deputación da Coruña e nun 25% polo Concello.

As actuacións que se contratarán son as seguintes:

  • Canalización de augas pluviais e pavimentación da rúa Estreita, na parroquia de Rutis: 157.889,66 euros
  • Renovación da rede de auga de Rumbo a Trapa, rúa Liñares e pavimentación da rúa O Cubo: 108.622,73 euros
  • Saneamento e pavimentación en Peiro de Arriba e Morteiral: 68.794,19 euros
  • Reforma da iluminación interior das dependencias municipais: 58.230 euros
  • Renovación do parque infantil Sofía Casanova: 49.728,14 euros
  • Construción de rede de saneamento en cálea Bispo Xelmírez e en Toroño: 90.376,61 euros
  • Ampliación de aparcadoiros na avenida de Juan Carlos I, fronte ao Xardín Botánico: 46.101,22 euros

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, sinala que as obras programadas "paliarán as deficiencias detectadas polos servizos municipais e as peticións efectuadas polas asociacións de veciños nalgúns casos". Coas actuacións de mellora da rede eléctrica en diferentes dependencias municipais preténdese unha diminución de custos, mediante a colocación de lámpadas con tecnoloxía LED e de detectores de presenza.

O goberno local estima que esta actuación logrará un importante aforro na factura eléctrica do Concello, que podería roldar o 40%. Sacristán explica que o obxectivo é crear un sistema de iluminación "eficiente e sustentable", mantendo o necesario servizo para os usuarios.

A ampliación do aparcadoiro do xardín botánico responde a unha solicitude dos usuarios dadas as escasas prazas que existen na actualidade e dado que a dependencia acolle numerosas actividades culturais. Así, crearanse novas prazas na avenida de Juan Carlos I, en sentido Fonteculler.

Con outras obras, como a renovación de auga e a ampliación do saneamento, o Concello continúa co seu plan de mellora das infraestruturas básicas. A idea da primeira consiste en mellorar a rede de auga para evitar fugas e perdas. Coa extensión do saneamento nas dúas zonas mencionadas séguese co proxecto de dotar deste servizo ao 15% de vivendas que aínda non o dispoñen.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina