Vilaboa acolle o sábado a I Xornada Formativa de Actualización en Lactación Materna

A asociacióm ALMA, en colaboración co Concello de Culleredo, organiza o vindeiro sábado 16 a I Xornada Formativa de Actualización en Lactación Materna. Terá lugar en horario de 10.00 a 13.00 horas, no Pazo de Vila Melania (Vilaboa), da man de Natalia Pérez, matrona e Consultora de Lactancia Certificada.

Os contidos a tratar serán os seguintes:

  • Novidades na abordaxe de ingurgitaciones, obstrucións e mastitis.
  • Últimas investigacións sobre a succión do lactante.
  • Outras alternativas á frenotomía en casos de anquiloglosia
  • A lactoxénese II e III. Como aumentar a produción en distintos momentos da lactación: suplementación, indución, relactación, redución de suplementos…

Ao finalizar a xornada farase entrega dun diploma acreditativo da participación.

Terá un custo de 5 euros para as socias de grupos de apoio e de 10 euros para o resto dos participantes. As interesadas poden inscribirse en almalactancia.blogspot.com, finalizando o prazo o xoves 14.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina