Taboleiro

Corte de tráfico na rúa San Xiao (Almeiras) por mor das obras de formigonado do 8 ao 19 de maio

O Concello de Culleredo informa dun corte de tráfico no tramo provincial da rúa San Xiao, en Almeiras, debido aos traballos de formigonado que levarán a cabo na zona. Estas obras enmárcanse dentro das actuacións iniciadas na citada rúa o pasado mes de abril pola Deputación da Coruña, baixo a premisa de mellorar a seguridade viaria na estrada DP-3108, unha vía que desempeña un papel fundamental como ligazón para numerosas vivendas.
 
 

Conservatorio: información sobre as probas e acceso para o curso 2025/2026

O Concello de Culleredo publica a información sobre as probas e acceso para o curso 2025/2026 a todos os cursos de grao elemental e grao profesional do Conservatorio Profesional de Música. Pódese consultar tamén a oferta de vacantes para o vindeiro curso.

Entrega gratuíta de composteiros en Culleredo

O Concello de Culleredo acollerá unha nova xornada formativa sobre compostaxe doméstica, acompañada da entrega gratuíta de composteiros e material complementario. O evento terá lugar o vindeiro 1 de abril, ás 19:30 horas, no Local Social O Noso Lar, e busca fomentar a xestión sostible dos biorresiduos entre a veciñanza.

Cortes de tráfico polo Rally A Coruña 2025

O Concello de Culleredo informa dos cortes de tráfico que será preciso efectuar polo paso do Rallye A Coruña, que ten lugar os días 21 e 22 de marzo.

O Concello anuncia a proposta provisional de concesións - exclusións de solicitudes de subvencións municipais destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do termo municipal de Culleredo 2024

Publicada na sede electrónica municipal o resumo do contido da proposta provisional de concesións-exclusións de solicitudes de subvencións municipais destinadas a asociacións e entidades sen ánimo de lucro do termo municipal de Culleredo 2024, Liñas 1-2-3 e 4, convocatoria publicada no BOP núm. 228, do 26 de novembro do 2024, BDNS: 79832.

Proceso selectivo de mestre/a da especialidade de operacións básicas de restaurante-bar

- 05/03/2025/12:55.Anuncio convocatoria e bases concurso oposición posto mestres-as módulos formativos

- 13/03/2025/15:20.Resolución da lista provisional de admitidos/as e excluídos/as

- 19/03/2025/12:23.Resolución da lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, nomeamento do tribunal e convocatoria para as probas selectivas

- 21/03/2025/12.04.Anuncio número 1 da Comisión de Avaliación

Concesión da axuda da Deputación da Coruña para actividades de promoción económica en 2024

O Concello de Culleredo acadou a concesión da subvención da Deputación da Coruña correspondente ao Programa dirixido a Concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica durante o ano do 2024

Aprobación definitiva do proxecto de urbanización do ámbito do proxecto sectorial de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño en Alvedro

Anuncio de aprobación definitiva do “Proxecto de urbanización do ámbito do proxecto sectorial de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño”, en Alvedro.

Rendemento de rede alcalzando no ano 2024 no sistema de abastecemento de auga do Concello de Culleredo

Auditoría e plan de actuacións sobre perdas de auga na rede de abastecemento (Lei 9/2019, do 11 de setembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario).

Arranxo dun vial municipal no núcleo de Fornos. Culleredo

Perfil do contratante: Expediente-UCP/2024/24

 

Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024

Centro directivo: Axencia galega de desenvolvemento rural

Axuda pública: 44.585,25€

Proxecto: Arranxo dun vial municipal no núcleo de Fornos. Culleredo.

Fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural.

Europa inviste no rural

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina