O vindeiro día 9 de setembro comeza o prazo de inscrición para as clases de Iniciación I e Iniciación II no curso 2025/26 do Conservatorio Municipal.
O Concello de Culleredo publica a resolución de aprobación da lista provisional de admitidos e excluídos na preinscrición do Programa municipal da Coral de Adultos do Conservatorio de Música de Culleredo para o curso 2025/2026.
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión extraordinaria urxente celebrada en data 30 de xullo de dous mil vinte e cinco, acordou aprobar a convocatoria e as bases reguladoras para a formación de listas de substitucións de profesor/a de música (persoal laboral temporal). O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais, contados a partir do seguinte día ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.
05.08.2025/13:20. Anuncio das bases da convocatoria para a formación de listas de substitucións de profesor/a de música (persoal laboral temporal)
08.10.2025/13.15 h. Anuncio lista provisional admitidos e excluídos.
07.11.2025/14.01 h. Anuncio lista provisional complementaria admitidos e excluídos.
Todos os aspirantes coa proba de acceso a 1° de grao elemental aprobada e que no escolleran instrumento na reunión do 12 de xuño, están convocados o luns 14 de xullo ás 17:00 horas a unha nova reunión no conservatorio. Ofertaranse as novas vacantes para o vindeiro curso 2025/26.
O Concello de Culleredo ofrece a APP Código Violeta para as festas de Vilaboa e O Burgo, polo seu carácter multitudinario. Trátase dunha aplicación móbil que permitirá a quen poida estar a sufrir unha situación de perigo emitir un aviso automático e urxente ás forzas de seguridade que conforman o operativo na zona.
O Conservatorio Profesional de Música de Culleredo informa de que os aprobados na proba de acceso de 1° de grao profesional que obtiveron praza teñen aberto o prazo para matricularse. Estará aberto desde o luns 16 de xuño ata o día 19, xoves.
Con motivo da celebración das festas do San Xoán 2025, resulta necesario regular algúns aspectos da nosa convivencia cidadá.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER