Inscrición para participar na Feira de Artesanía das Letras Galegas

O Concello de Culleredo abre o xoves 23 de abril o prazo de solicitude para participar na Feira de Artesanía, que se celebrará o 17 de maio na praza Europa do Burgo con motivo do Día das Letras Galegas. A actividade está organizada pola Concellaría de Cultura.
 
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o 30 de abril ás 14:00 horas, mediante o envío da ficha correspondente ao correo electrónico habilitado, acompañada dun dossier ou material gráfico dos produtos. Está dirixida preferentemente a artesáns e artesás con produción propia.
 
Haberá un máximo de 35 postos, ampliables en caso de alta demanda. A lista de persoas admitidas comunicarase o 5 de maio.
 
Para efectuar a solicitude, é necesario encher o formulario e envialo a feira.artesania@culleredo.es.
Vista previaAdxuntoTamaño
Ficha de solicitude63.79 KB
Condicións de participación151.07 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina