Campamentos de verán do CIPAX 2026

O Servizo de Xuventude do Concello de Culleredo pretende regular as bases a participación nos campamentos do CIPAX 2026:

  • DEPORTES ALTERNATIVOS (30 prazas), de 12 a 14 anos. Con actividades como caiac, archery battle, excursión ao Aquapark…
  • H2O (24 prazas), de 14 a 18 anos. Con surf, padelsurf, caiac, skate...

Para poder participar en ambas as modalidades os participantes deberán contar coa idade requirida o mesmo día do inicio do campamento.

O campamentos celebraranse do 29 de xuño ao 10 de xullo de 2026 no pavillón Ría do Burgo de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Se as inscricións superan o número de prazas dispoñibles, adxudicarase o acceso mediante sorteo.

 

PREZOS

Taxa Xeral: 42 euros

Descontos:

  • Familias numerosas: 50 % na tarifa de cada fillo/a. Haberá que achegar copia do título de familia numerosa no formulario.
  • Familias non numerosas: se se matriculan 2 membros da mesma unidade familiar, un 20 % de desconto na cota do segundo membro inscrito na actividade.
  • Tarifa especial: con informe da Área de Benestar Social, poderase aplicar tarifa gratuíta. No caso de que ambos os dous cónxuxes estean en situación de desemprego, achegarase co informe a certificación do INEM actualizada.
  • Tanto as tarifas dos campamentos como as bonificacións son as que se recollen nos prezos públicos vixentes por ensinanzas e actividades educativas, culturais, deportivas e xuvenís.
  • As bonificacións non son acumulables.

 

SOLICITUDE DE PRAZA

Preinscrición

A través do formulario: https://forms.gle/4poaBgBHY3Z68weW8

O formulario estará aberto desde o día 21 de maio ata o 28 de maio ás 23:59 horas.

Para acceder ao formulario é necesaria unha conta de Gmail/Google.

Non se aceptarán solicitudes de praza por ningunha outra vía.

Datas

  • Lista provisional: 29 de maio de 2026 na web municipal
  • Reclamacións: ata o 3 de xuño de 2026
  • Listado final: 4 de xuño de 2026
  • Sorteo: 8 de xuño de 2026
  • Listado definitivo: 9 de xuño de 2026

Período de inscrición definitiva: do 10 ao 19 de xuño de 2026

Xuntanza informativa

Xoves 25 de xuño de 2025 ás 20:00 no Salón de Actos do Edificio Municipal de Servizos Múltiples

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA FACER A INSCRICIÓN DEFINITIVA

As persoas que se lles adxudique a plaza recibirán unha guía paso a paso para facer o pago. Está habilitado un novo sistema de pago: non se debe facer antes do día 10 de xuño de 2026.

De seguido achegará a seguinte documentación no centro Municipal Pablo Picasso ou a través do mail cipax@culleredo.es:

  • Resgardo da matricula no que conste "Campamentos: H2O ou Deportes Alternativos"
  • Fotocopia carné xove, título ou carné de  familia numerosa, xustificante de situación de desemprego informe social, cando proceda
  • DNI do titor e solicitante
  • Folla de inscrición

RECORDADE QUE A INSCRICIÓN IMPLICA A SOLICITUDE DE PRAZA NO CAMPAMENTO, PERO O PROCESO NON ESTARÁ COMPLETO ATA QUE SE FORMALICE A MATRÍCULA.

TODA A DOCUMENTACIÓN MARCADA COMO OBRIGATORIA É OBRIGATORIA E, POLO TANTO, DE NON ENTREGALA NOS PERÍODOS PREVISTOS NO PROCESO IMPLICARÁ A NON CONSIDERACIÓN DA SOLICITUDE DE PRAZA.

No caso de quedar prazas vacantes, as persoas que están en lista de agarda serán contactadas entre a data de remate do prazo ordinario de matrícula e sempre antes de abrir o prazo extraordinario de matrícula (se chega a habelo).

 

Mais info: cipax@culleredo.es e WhatsApp 620 00 84 50

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina