Taboleiro

Feira de Artesás do Día da Muller Rural

O Concello de Culleredo publica as condicións de participación na Feira de Artesás do Día da Muller Rural, que se celebrará o vindeiro sábado 11 de outubro, no parque da Torre de Celas.

Visita da ITV móbil de agrícolas en outubro

A Unidade Móbil 03 de inspección técnica de Agrícolas desplazarase ao Concello de Culleredo.

Listas definitivas matriculados no Conservatorio Municipal curso 2025/2026

Publicadas as listas definitivas de alumnos e alumnas matriculados en 1º GE, 1º GP, ordinaria e extraordinaria do Conservatorio Municipal no curso 2025/2026.

Programa de formación en plantación e produción de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo pon en marcha un proxecto de formación para a sostibilidade ambiental: plantación e produción de horticultura ecolóxica nos hortos urbanos municipais durante o período 2025-2029. A inscrición ábrese o 15 de setembro.

Preinscrición en Iniciación I e II do Conservatorio Municipal

O vindeiro día 9 de setembro comeza o prazo de inscrición para as clases de Iniciación I e Iniciación II no curso 2025/26 do Conservatorio Municipal.

Lista provisional de admitidos e excluídos na preinscrición do programa municipal da Coral de Adultos 25/26

O Concello de Culleredo publica a resolución de aprobación da lista provisional de admitidos e excluídos na preinscrición do Programa municipal da Coral de Adultos do Conservatorio de Música de Culleredo para o curso 2025/2026.

Listas de substitución de profesores/as de música do conservatorio do Concello de Culleredo, persoal laboral temporal, nas especialidades: acordeón/ piano, canto, clarinete, composición, frauta, guitarra, percusión, piano, trompeta, saxofón, violín e vio

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión extraordinaria urxente celebrada en data 30 de xullo de dous mil vinte e cinco, acordou aprobar a convocatoria e as bases reguladoras para a formación de listas de substitucións de profesor/a de música (persoal laboral temporal). O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais, contados a partir do seguinte día ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP. 

05.08.2025/13:20. Anuncio das bases da convocatoria para a formación de listas de substitucións de profesor/a de música (persoal laboral temporal)

08.10.2025/13.15 h. Anuncio lista provisional admitidos e excluídos.

Conservatorio: nova reunión para a adxudicación de prazas 1º Grao Elemental

Todos os aspirantes coa proba de acceso a 1° de grao elemental aprobada e que no escolleran instrumento na reunión do 12 de xuño, están convocados o luns 14 de xullo ás 17:00 horas a unha nova reunión no conservatorio. Ofertaranse as novas vacantes para o vindeiro curso 2025/26.

A Escada: listaxe definitiva de persoas admitidas para o curso 25-26

Listaxe definitiva de persoas admitidas no C.O.M. “A Escada” nas prazas correspondentes ao Concello de Culleredo e á Deputación da Coruña para o curso 2025-2026.
 

APP Código Violeta

O Concello de Culleredo ofrece a APP Código Violeta para as festas de Vilaboa e O Burgo, polo seu carácter multitudinario. Trátase dunha aplicación móbil que permitirá a quen poida estar a sufrir unha situación de perigo emitir un aviso automático e urxente ás forzas de seguridade que conforman o operativo na zona.

Accede á web de Código Violeta para descargar a APP.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina