O Concello inicia unha acción formativa para ensinar a manexar o móbil. Nas sesións, que se celebran no Burgo e en Vilaboa, abordaranse conceptos como a mensaxería, o uso da cámara do terminal, a creación de contactos de emerxencia, ou as aplicacións de internet.
Os maiores de Culleredo levan as súas obras de teatro aos máis pequenos do municipio. O Grupo de Teatro Interxeneracional actuará entre o 14 e o 28 de marzo nas escolas infantís e nos centros Aspanaes da Coruña e de Castelo.
O Concello de Culleredo presentará o venres 16 de marzo, ás 20.30 horas, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo o libro "Xaime Quintanilla Martínez: vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República", editado pola Fundación Luís Tilve.
Para favorecer a actividade comercial e hostaleira do municipio, o Concello de Culleredo impulsará o "aparcadoiro exprés" no núcleo do Burgo. A praza de Europa, a avenida de Ribados, a avenida de Galicia e fronte o Edificio de Servizos Múltiples serán as zonas que acollan as 10 prazas nas que se estableza o estacionamento limitado, sen tarifa algunha e sinalizadas en azul.
O polideportivo de Tarrío será esceario esta fin de semana da segunda edición do ‘Castelo Non Para’, o maratón de fútbol sala organizado pola Asociación Castelo Deporte en colaboración co Concello. Serán 24 horas ininterrompidas de deporte e convivencia.
A asemblea dos delegados parroquiais de Culleredo analizou os principais asuntos de actualidade coa primeira tenente de alcalde, Raquel Jabares. O programa de viaxes introducirá este ano unha compoñente ecolóxica.
O Concello de Culleredo dedica o Día Mundial da Muller Traballadora deste ano, o 8 de marzo, á defensa dunhas condicións laborais dignas. A charla informativa: “Emprego doméstico: a nova regulación” terá lugar no de Pazo Vila Melania o xoves ás 19:00 horas.
A aula de Natureza do Xardín Botánico do Burgo recibe a exposición “Artes Viaxeiras”, do Liceo Europeo das Artes, que recolle obras de pintura, escultura e gravado de diferentes autores. Permanecerá aberta ata o 7 de abril.
A Casa Rosa do Burgo acollerá unha formación para todas aquelas persoas que queiran traballar como coidadoras de nenos e nenas a domicilio e non teñan ningunha formación específica neste campo. O curso comeza o mércores 29, día no que remata o prazo de inscrición.
A Dragona Ramona, un personaxe que animar aos nenos a abrir libros e gozar da literatura, comeza a traballar nos colexios do municipio.O goberno local ten claro que o papel da mascota non debía cinguirse ás actividades culturais e aposta pola coordinación cos centros de ensino para promocionar a lectura desde as aulas.
O Concello de Culleredo organiza unha conferencia que amosará os beneficios da musicoterapia na saúde. Será impartida por unha experta e terá lugar no pazo de Villa Melania o mércores 29 ás 19.00 horas.
O polideportivo do Burgo será o esceario do Deportivo - Oporto da liga de veteranos de fútbol indoor. O Concello e o equipo piden o máximo apoio dos afeccionados para derrotar a un rivil complicado e case asegurarse o pase á seguinte fase.
O recinto multiusos do Burgo acolle a I Festa do Cocido, cinco xornadas onde a gastronomía, a música, a animación, e tamén a solidariedade serán protagonistas. A carpa ten 2.500 metros cadrados de superficie, aos que hai sumar outros 600 onde se situarán as cociñas, os servizos ou o recinto de animación infantil. Na carpa principal estarán instaladas 200 mesas onde caberán unhas 1.600 persoas.
O Entroido de Veiga terá lugar o vindeiro luns 20 a partir das 13.00 horas. Os veciños xa ultiman as coplas satíricas do chamado testamento. O Concello anima a asistir ao Entroido máis xenuino de Culleredo.
A urbanización da rúa Moncho Reboiras descubre unha nova zona residencial e con espazos públicos, en pleno centro do Burgo. Isto propiciou a apertura de dúas rúas transversais que a unen con Visitación da Encina e con Fernando Pérez de Traba, mellorando a mobilidade para os residentes. O número de prazas de estacionamento rolda o centenar.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER