O Concello de Culleredo abre o prazo de preinscrición para os novos Campamentos Urbanos de Nadal, que terán lugar no Edificio de Servicios Múltiples do Burgo no período vacacional dos rapaces. Para fomalizala, cómpre entregar o boletín cuberto na Concellaría de Cultura até o venres 25 de novembro.
Domingo 27 de Novembro. Polideportivo de Tarrio, de 10:00 a 14:00 h.
O Concello de Culleredo celebrará o 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero, cun amplo programa de actos que abarcarán a todos os sectores da sociedade. Os escolares do municipio terán un papel prioritario, ao igual que sector social e deportivo. A concentración en repulsa desta violencia terá lugar na praza de Europa do Burgo.
A rede viaria do Monte Alfeirán está a experimentar unha notable mellora. O Concello de Culleredo traballa no asfaltado de varias rúas, un dos principais investimentos municipais do ano 2011.
O alumno de Clarinete Diego Camiños Blanco representará ao Conservatorio de Culleredo no concurso que se celebrará o mércores 16 de novembro na súa Fase Autonómica, na Escola de Altos Estudios Musicais de Santiago de Compostela. O acto comezará A partir das 16:30 hora.
A mostra colectiva "Pintando á natureza", da asociación de Artistas Plásticos de Galicia chega á sala de exposicións dos Muíños de Acea de Ama. A inauguración será o venres 11 ás 20.30 horas.Para máis información, dirixirse a Concellaría de Deportes e Participación Cidada, no edificio de Servizos Múltiples. Téléfono: 981665597 / e mail: deportes@culleredo.org
O Concello de Culleredo abrirá a finais de ano un novo local en Fonteculler, na praza Daniel Rodríguez Castelao, que acollerá a celebración de diferentes actividades e actos e a atención de Servicios Sociais. Desta forma, o goberno municipal querer achegar as iniciativas das distintas concellarías e o traballo social aos veciños de Fonteculler.
O Concello de Culleredo acaba de abrir a inscrición para unha nova edición da Escola de Nais e Pais, que se desenvolverá desde este mes de novembro até xuño do próximo ano. O obxectivo consiste en proporcionar ferramentas aos proxenitores para a educación dos fillos e fillas.
O goberno local de Culleredo quere pontenciar a contribución cidadá nas doazóns de sangue. A primeira tenente de alcalde, Raquel Jabares, e a concelleira de Sanidade, Rocío Sampedro, puxeron o seu grao de area na unidade de transfusións que pasou polo Burgo.
O núcleo de Peiro dispón dun novo parque, dotado de zonas verdes e mobiliario urbano, acometido polas 33 persoas desempregadas que forman parte do obradoiro de emprego. Agora, o centro de Peiro conta con pista deportiva, parque infantil e o novo parque, posibilitando o encontro e o asueto dos veciños de todas as idades.
O Concello de Culleredo organiza un curso de técnica de cómic destinado a pequenos de entre 10 e 13 anos de idade. Terá lugar no Pazo de Villa Melania (Vilaboa) a partires do vindeiro 3 de novembro.
A biblioteca Miguel González Garcés do Burgo ofrece unha programación infantil en novembro que inclúe actividades coma contacontos, contos en inglés, ou concertos didácticos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER