O Concello emprende unha campaña de recollida de xoguetes nos edificios públicos

O Concello de Culleredo, coa chegada da época navideña, emprende unha campaña de recoliida de xoguetes para os nenos máis necesitados. Este acción desenvolverase nas dependencias públicas, onde se poderán depositar os xoguetes.

En concretos, os edifcios onde se recollerán son:

  • Centros de ensino
  • Casa da Xuventude
  • Centros de Servizos Sociais do Burgo e de Vilaboa
  • Edificio de Servizos Múltiples
  • Centro de Formación e Emprego
  • Conservatorio
  • Casa do Concello
  • Villa Melania
  • Casa Rosa
  • Cáritas Vilaboa

A campaña está dirixida a nenos de 0 a 12 anos, se ben o Concello apunta que o tramo de 10 a 12 é normalmente o máis complicado de atopar xoguetes.

Asemade, o goberno local invita a aqueles voluntarios que o desexen a colaborar na selección e empaquetado de agasallos. Para iso, terían que chamar ao 981 654588.

A campaña abarcará desde o 5 ao 21 de decembro. O Concello anima aos veciños a colaborar nesta acción solidaria con aqueles que máis o requiren.

 

cartel

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina