A Casa Rosa do Burgo acollerá un curso destinado a promover hábitos de consumo de aforro nunha serie de conceptos cotiás, coma os electrodomésticos ou os servizos de telefonía. Desenvolverase todos os xoves dos meses de febreiro e marzo.O Centro municipal de información á muller organiza os primeiros obradoiros Enredadas 2.0, cursos básicos de iniciación ao uso de internet. A actividade ten como finalidade incrementar o uso das TICs no colectivo de mulleres, ao mesmo tempo que fomentar a súa visibilidade en internet grazas ao uso de ferramentas 2.0.
Segunda Jornada en Galicia de la Copa De España Infantil Grupo Leche Pascual disputado en el Polideportivo do Burgo, A Coruña. El SP. Burgo "A" jugará la segunda fase.
A plantilla da Policía Local de Culleredo incrementa os seus efectivos de 24 a 30 tras a toma da posesión de 6 novos axentes. Isto permitirá unha labor preventiva máis exhaustiva nas zonas urbanas, onde se implantará unha patrulla a pé que funcione durante todo o día.
Pistas deportivas e parque infantil con iluminación, aseos reformados e pavimento arranxado son algúns dos resultados das obras que vén de acometer o Concello de Culleredo no paseo marítimo do Burgo, na zona da Cros. O alcalde, Julio Sacristán, aposta por proporcionar o mellor servizo ao usuario nun dos pulmóns verdes e de lecer da comarca.
O Club Baloncesto Culleredo, en colaboración co Concello, organizou a sétima edición do Torneo de Nadal, cita xa consolidada na comarca. Asistiu tamén a Asociación Deportiva Valle Inclán, de Oleiros. Participaron 120 rapaces e rapazas nunha gran festa do deporte celebrada no Burgo.
A Aula de Naturza do Burgo acolle o venres 13 de xaneiro, ás 19.30 horas, a presentación da publicación Da flor á mesa. Historia dunha pinga de mel. Relata o proceso de obtención da mel, beaseada no programa educativo desenvolvido na Casa das Abellas.
O Concello de Culleredo rematou as importantes obras de mellora viaria que levou a cabo en Castro, no enlace con Pena Loureira. Agora a vía ten un novo pavimento, con sistema axeitado para a recollida de agua da choiva e con conexións correctas das vivendas coa rede de saneamento.
Os orzamentos municipais para 2012, aprobados polo pleno da corporación, veñen marcados por un descenso dun 12,1% con respecto a 2011. Desta forma, o goberno local configura unhas contas prudentes, realistas coa situación de crise, e que garantirán os servizos básicos aos cidadáns.
A pesares de este descenso, o Concello incrementa a consignación a Servizos Sociais, considerando que se trata da área prioritaria para os veciños no contexto actual. Estas partidas supoñen o 9,24% do total do orzamento, 1,87 millóns de euros.
As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente comezarán o seu percorrido polas rúas de Culleredo ás 17.30 horas do vindeiro 5 de xaneiro. Partindo do recinto multiusos do paseo marítimo do Burgo, pasarán por Fonteculler, As Brañas, O Portádego, A Corveira, Vilaboa e Acea de Ama para acabar na praza de Europa.
A avalancha de solidariedade dos cullerdenses queda de relevancia coa campaña de recollida de xoguetes promovida polo Concello. Finalizado o prazo, foron máis de 1.500 os entregados para colaborar cos que máis o necesitan.Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER