Culleredo regresará desde o venres 1 ata o domingo 3 de xullo á Idade Media. Son as datas elixidas polo Concello para organizar este ano o Mercado Templario do Burgo, que encherá o paseo marítimo de multitude de personaxes da época.
Unha das principais obras que o Concello de Culleredo acometerá nos centros de ensino do municipio, aínda sen ser da súa competencia, verá a luz este verán. O goberno local adxudicou, por 62.194 euros, a instalación dunha cuberta no CEIP Sofía Casanova de Vilaboa sobre o patio infantil do centro.
O Club de Natación As Mariñas, coa colaboración do Concello de Culleredo, lanza a campaña de cursos intensivos de natación para o mes de xullo. Serán no parque acuático de Acea de Ama en dúas quendas: do 1 ao 15 e do 18 ao 29.
O Concello de Culleredo informa do inmediato inicio dos traballos, por parte do Ministerio de Fomento, de renovación do firme da Nacional 550 ao seu paso polo municipio. É o paso previo á cesión da vía ao Concello, unha petición do goberno local para xestionar directamente a vía e atender con maior prontitude as demandas veciñais.
A atención á dependencia constitúe un das áreas de intervención prioritarias para o Concello de Culleredo. Pioneiro na creación dos servizos sociais nos concellos nos anos 80, o Concello conta na actualidade cun servizo para os dependentes que atende a todos os veciños, incluídos aqueles que quedan na lista de espera da Xunta de Galicia.
O Concello de Culleredo finaliza mañá, xoves 16 de xuño, o prazo de inscrición nos campamentos urbanos específicos para mozos. En concreto, o campamento que queda algunha vacante é o destinado a rapaces de 12 e 13 anos de idade, que terá lugar nas dúas primeiras semanas de xullo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER