O Concello de Culleredo organiza un obradoiro de fotografía dixital no verán. A iniciativa contará dunha modalidade en nivel de iniciación e doutra en nivel de perfecionamento, de cara a responder as necesidades dun rango maior de veciños. Os talleres terán lugar de 21 de xullo ao 4 de agosto no centro municipal de formación Pablo Picasso.
O salón de plenos do Concello de Culleredo foi o escenario do solemne acto de incorporación de 11 novos voluntarios a Protección Civil. Son 11 mozos veciños que deciden dedicar parte do seu tempo libre a colaborar coas forzas de seguridade no apoio e protección do cidadán.
Onde está o mago Antón? Esa é a pregunta que tratarán de responder os nenos e nenas participantes no espectáculo de maxia que o Concello de Culleredo organiza o vindeiro sábado, 12 de xullo, no Burgo.
O Concello de Culleredo abriu o prazo de inscrición para O programa Ponte a Punto de verán, que estará aberto ata cubrir as prazas. Este programa de reforzo e apoio educativo,ten como finalidade frear o fracaso e o abandono escolar.
O Concello de Culleredo logrou encher o aforo de todos os concertos do BurgoJazz. O festival, que alcanza este ano a súa XIV edición, celébrase desde o venres até hoxe no xardín botánico do Burgo.
Culleredo regresará desde hoxe, venres 4, e ata o domingo 6, á Idade Media. O Burgo lembrará o seu pasado templario co Mercado Medieval que encherá o paseo marítimo dunha infinidade de personaxes da época.
O festival BurgoJazz celébrase desde o venres 4 ao luns 7 de xullo chegando a súa XIV edición. A cita combina a promoción dos artistas galegos e da comarca do xénero con grupos de renome nacional.
O día 30 de xuño puxéronse en funcionamento de forma definitiva as novas liñas de bus, tanto o metropolitano como o de interese municipal, tras as negociacións efectuadas polo Concello de Culleredo coa Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia.
Protección Civil crece en Culleredo. O Concello logra a incorporación de 11 novos voluntarios á agrupación, un número moi superior ao que se produce de forma habitual cada ano. Acaban de superar o curso básico de iniciación ao servizo, concedido pola Axencia Galega de Seguridade ao Concello.
O Concello de Culleredo celebrou a clausura da tempada das actividades sociais municipais. Un total de 400 veciños participaron nas iniciativas, que abarcaron unha ampla variedade para adaptarse a todos os centros de interese.
O salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo estaba abarrotado na clausura do curso nas actividades culturais municipais. Os nenos e adultos participantes foron os protagonistas nun aforamento que superaba as 500 persoas.
Culleredo convértese este fin de semana no centro do futbol infantil da comarca. O XV Torneo Internacional de Fútbol 8 "Ponte Pasaxe" trae ao campo de fútbol do Burgo, desde o venres 27 e ata o domingo 29, a máis de 300 pequenos de 10 clubs de concellos como Culleredo, A Coruña, ou Cambre e de Portugal.
O goberno de Culleredo abre A Escada aos veciños alleos ao centro ocupacional para persoas con discapacidade intelectual situado no Burgo. O Concello propón este verán un conxunto de talleres que interrelacionarán a mozos con persoas con discapacidade intelectual.
Das 600 persoas que tomaron partida, desde o inicio do curso, no Campionato de Tute do Concello, a parella de Ledoño, Zacarías e Carlos, venceu este fin de semana a final e alzouse co título. O alcalde entregoulles o trofeo.
Máis dun centenar de nenos e novos, acompañados dos seus proxenitores, desprazáronse ata o Concello para recibir o recoñecemento do alcalde, Julio Sacristán, á tempada do Club Baloncesto Culleredo.
O Sporting Burgo, coa colaboración do Concello de Culleredo, celebra esta fin de semana a segunda edición do Torneo de Fútbol Base. Ten lugar desde hoxe venres 20 ata o domingo 22 no campo de fútbol do Burgo.
Os nenos cullerdenses suman unha nova alternativa saudable para o tempo libre do verán: a natación. O Concello e o Club Natación Culleredo lanzan un campamento deportivo e cursos intensivos para nenos, de 3 a 12 anos de idade. A inscrición está aberta.
O Concello estrea exposición no botánico do Burgo, na que son os propios veciños os protagonistas, exhibindo as creacións que realizaron durante todo o curso nas actividades municipais de cultura. Manualidades, pinturas en óleo, debuxos ou confeccións son algúns dos elementos expostos.
O Concello de Culleredo, ante o inminente comezo das XV Mañás de Campamento, organiza unha reunión informativa cos pais ou titores dos participantes. Terá lugar o venres 20 de xuño, ás 19.30 horas, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Despois de anos de espera e tras intensificar as peticións, o Concello de Culleredo recibiu a confirmación verbal, por parte da Consellería de Sanidade, de que o Consello da Xunta aprobaba a licitación do demandado novo centro de saúde para o municipio. O goberno municipal espera que xa non se produzan novos atrasos dada a prioridade da infraestrutura para os veciños.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER