O Concello reparará de inmediato dúas pontes en Tierno Galván

O Concello de Culleredo procederá de forma inmediata á reparación de dúas das pontes do paseo Tierno Galván, no Burgo. Os servizos técnicos constaron que o paso do tempo foi deteriorando a madeira, polo que se ve necesaria unha actuación que mellore as infraestruturas

O Concello incorpora catro novos coches patrulla para a Policía Local

A Policía Local de Culleredo conta desde agora cun parque móbil máis grande e con mellores prestacións. O Concello presentou de forma oficial os catro novos coches patrulla, que xa os axentes utilizan no seu traballo de seguridade polo municipio.

A Escola de Nais e Pais do Concello de Culleredo, apoio á educación dos proxenitores

O Concello de Culleredo tamén apoia aos pais e nais no seu traballo educativo cos seus descendentes. O goberno local abre a inscrición na Escola de Nais e Pais, un proxecto que pretende servir de apoio aos participantes no desempeño do seu papel cos seus fillos.

O Concello lanza Aulas de Reforzo Escolar para os alumnos de Primaria e Secundaria

O Concello de Culleredo abre os centros educativos, tras a conclusión da actividade lectiva, para levar a cabo clases de apoio aos alumnos do municipio, en Primaria e Secundaria. O prazo de inscrición está aberto ata o 3 de outubro.

I Andaina Solidaria en Culleredo polos trastornos de personalidade

A asociación TP GALICIA organiza o 28 de setembro unha andaina solidaria en colaboración co Concello de Culleredo e CASTELO DEPORTE. A actividade ten dúas finalidades, dunha banda sensibilizar á poboación sobre os trastornos de personalidade e doutra recadar fondos para, entre outros obxectivos, que a entidade poida dar cobertura a un grupo de apoio de persoas con trastornos de personalidade e familiares en Culleredo e fomentar a investigación neste campo.

O Concello expón ao público as novas ordenanzas de ruído e inicio de obras e servizos

O Concello de Culleredo ten en exposición ao público dúas novas ordenanzas, aprobadas de forma inicial no pleno ordinario do mes de agosto. Os particulares interesados dispoñen de 30 días hábiles, desde a publicación do anuncio no BOP, para formular as reclamacións e suxestións que consideren oportunas.

Andaina de pacientes e familiares de Parkinson polo paseo do Burgo

O Concello de Culleredo prosegue con traballo, en materia sanitaria, co tecido asociativo. Nesta ocasión, e xunto coa Asociación de Parkinson, organiza unha marcha polo paseo marítimo do Burgo este venres, 19 de setembro.

Culleredo celebra o luns o XI Día Mundial do Linfoma

O Concello de Culleredo conmemora o luns, 15 de setembro, o XI Día Mundial do Linfoma, de forma conxunta coa Asociación Española de linfoma, mieloma e leucemia (AEAL). Unha mesa informativa no paseo marítimo e un coloquio con hematólogos do CHUAC compoñen os actos.

O Botánico abre a tempada de exposicións coa mostra de Lidia Carrión

O Concello de Culleredo inicia este venres, 12 de setembro, a súa actividade de exposicións culturais. Nesta ocasión, recibe a mostra de pintura “Os non retratos”, da pintora Lidia Carrión. Poderase ver ata o 11 de outubro no Xardín Botánico do Burgo.

O Concello mantén en setembro o programa de ximnasia ao aire libre

O bo tempo impulsa o programa "Verán movidiño" que organiza a Concellaría de Sanidade de Culleredo. Desde o inicio do verán, os veciños están a aproveitar os espazos verdes do municipio para a exercitarse ao aire libre.

O Concello lanza máis de 1.500 prazas en actividades culturais e deportivas

O goberno de Culleredo incrementa notablemente o seu programa de actividades culturais e deportivas. Máis de 1.500 prazas conforman a oferta do Concello, con aumento de grupos naquelas actividades que rexistran unha maior demanda.

O Concello lanza un programa de actividades de benestar con 34 grupos en diferentes ámbitos

Os servizos sociais constitúen a área prioritaria de actuación para o goberno municipal. Aínda que os servizos de asistencia e atención aos veciños son os que acaparan os maiores esforzos, as actividades sociais tamén supoñen importantes beneficios para todos os colectivos do municipio, e polo Concello presentou un amplo programa con 34 grupos.

O goberno local dedica 100.000 euros a mellorar as garderías e colexios de Culleredo

O novo curso escolar comezará con melloras efectuadas polo Concello de Culleredo en todas as gardarías, escolas unitarias e colexios do municipio. Trátase dun conxunto de traballos de acondicionamento trasladados polos directores dos centros e que o Concello acomete para incrementar as prestacións aos alumnos.

Gran ambiente nos trofeos afeccionado, veterán e alevín do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo celebrou a pasada fin de semana a conclusión das súas tradicionais competicións de fútbol. O Olímpico de Rutis e o Sporting Burgo levaron os trofeos nun gran ambiente entre xogadores e simpatizantes.

O campus de patinaxe máis social viviuse en Culleredo

O club Aura e o Concello de Culleredo decidiron este ano promover un campus inclusivo, de tal forma que acolleu a pequenos con diversidade funcional, procedentes de entidades sociais que levan a cabo o seu labor no centro municipal asociativo da Escada

O Concello aprobou novas ordenanzas de ruidos e inicio de obras e servizos

O Concello de Culleredo aprobou en pleno dúas novas ordenanzas que regularán dous aspectos importantes para os veciños: o ruído e o inicio de obras ou de prestación de servizos, propostas ambas polo goberno municipal.

O Burgo acolle o domingo a Feira de Reciclaxe con moitos postos e actividades

A Feira de Reciclaxe regresa ao Burgo tras os bos resultados logrados na súa primeira edición, que tivo lugar o pasado mes de maio. Levarase a cabo este domingo, 31 de agosto, no recinto multiusos do paseo marítimo. O horario de apertura comprenderá entre as 10.30 e as 20.00 horas.

O Concello dotará de parquet ao polideportivo Ría do Burgo

Unha das principais infraestruturas deportivas de Culleredo, o pavillón Ría do Burgo, verá melloradas de forma notable as súas prestacións aos usuarios. O goberno municipal decidiu renovar o firme da pista colocando parquet, superficie idónea para a práctica deportiva de alto nivel.

O goberno local proporá no pleno simplificar os trámites aos veciños para iniciar obras e actividades

O Concello simplificará ao máximo os procedementos para o inicio de obras ou da prestación de actividades e servizos. Coa finalidade de apoiar o desenvolvemento económico, o equipo de goberno leva este xoves a pleno ordinario a ordenanza reguladora do control de obras e actividades, que se adapta á Lei de Competitividade de Galicia.

O Concello lanza unha nova programación para maiores

O goberno municipal reuniuse a pasada semana cos representantes dos maiores de todas as parroquias. O Concello avanzou a nova programación aos maiores, configurada en función das suxestións recollidas en pasadas reunións cos delegados.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina