Cheo total no taller de alimentación organizado por ALMA en Culleredo

ALMA, Apoio á Lactación Materna celebrou o sábado a súa I Xornada sobre Alimentación Infantil. Para o encontro contou coa presenza de Julio Basulto, recoñecido nutricionista e defensor do coñecemento científico como antídoto contra os mitos sen fundamento sobre a saúde e o benestar. É ademais autor de varios libros de referencia.

A xornada constou de dous destacados eventos impartidos por Julio Basulto. Pola mañá celebrouse unha conferencia no Centro Comercial Espazo Coruña baixo o título de "Alimentación Infantil Saudable", e xa pola tarde o taller "A Alimentación Complementaria: Do leite aos sólidos",  que se impartiu no Pazo de Vila Melania en Culleredo, coa colaboración do Concello, logrando un cheo total.

ALMA, Apoio á Lactación Materna é unha asociación apoiada polo Concello de Culleredo e formada por nais cuxa principal función a realizan nos Grupos de Apoio á Lactación, reunións que serven de encontro a familias con dúbidas e diferentes experiencias non só en lactación, senón en soño, porteo e alimentación complementaria principalmente.

Ademais, dentro dos seus obxectivos estatutarios, organizan actividades de difusión e divulgación relacionadas coa Lactación Materna. Nesta última liña de actuación encádrase esta xornada.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina