O Concello de Culleredo celebrou o sábado o tradicional Encontro de Corais. Xuntou ás corais: Agrupación de Voces Veteranas de Culleredo, Coral A Lembranza de Sada e a Coral Polifónica Estradense.
O Concello de Culleredo aposta pola xestión directa das estradas, que aínda sendo propiedade doutra administración, teñen un carácter hoxe en día eminentemente urbano. Desa forma, aínda que o seu mantemento implique gastos para o Concello, logrará adaptalas ao máximo ás necesidades dos veciños, que as empregan a diario.
O monte Xalo baterá marca de asistencia na V Travesía do Xalo, que se desenvolverá o domingo, 27 de abril, en Culleredo. Organizada pola asociación Castelo Deporte coa colaboración do Concello de Culleredo, a cita reunirá a máis de 500 participantes nas diferentes modalidades que propón.
O Concello de Culleredo dá un paso máis na defensa da construción dun novo instituto de educación secundaria para o municipio. O goberno local proporá hoxe en pleno ao resto de grupos da corporación un acordo institucional para reclamar á Xunta de Galicia a licitación inmediata da obra.
A Concellaría de Sanidade, organiza, xunto coa Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (ADICAE), un taller baixo o título de "Coñece a túa factura eléctrica e aprende a reducila". Terá lugar o xoves 24 de abril na Reitoral de Celas, ás 18.00 horas.
O Concello acaba de adxudicar a elaboración do proxecto de rehahabilitación do Edificio de servizos Múltiples do Burgo. A dependencia experimentará unha total redistribución de espazos para gañar en comodidade e en aproveitamento.
O Concello de Culleredo desenvolverá os próximos días unha ampla programación cultural con motivo da celebración do Día do Libro. A Concellaría de Cultura deseñou un amplo plan de actividades dirixidas en parte aos nenos e en parte á poboación adulta do municipio.
O Concello de Culleredo celebra aproveitando o período non lectivo desta semana os campamentos urbanos de primavera. Máis de 80 pequenos, de 3 a 12 anos de idade participan nesta iniciativa municipal que persegue ofrecer unha alternativa educativa de lecer ás familias.
Desde o luns 21 e ata o mércores día 30 de abril, ámbolos dous incluídos, estará aberto o prazo para a solicitude de prazas nos campamentos que cada verán organiza a Concellería de Educación. Nesta edición, décimo quinta, os campamentos desenvolveranse desde o 23 de xuño ata o 29 de agosto.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e a concelleira de Educación, Carmen Varela, acompañados de dous representantes da ANPA do municipio, desprazáronse onte a Santiago para celebrar unha reunión co secretario xeral de Educación sobre o futuro do prometido novo instituto de Educación Secundaria.
O goberno de Culleredo deseñou unha modernización total do campo de fútbol de Rutis, atendendo así á clara necesidade de mellorar as condicións do campo, manifestada polos usuarios. E é que o municipio conta cuns 1.500 veciños que practican fútbol nas diferentes categorías.
O Concello de Culleredo organiza a segunda edición do Obradoiro de lingua de signos, nun nivel básico. Tratarase dunha acción formativa totalmente gratuíta, que se desenvolverá entre o 21 de abril e o 5 de maio no Pazo de Vila Melania (Vilaboa).
O Concello de Culleredo pon á disposición das nais e pais de escolares, e da veciñanza en xeral, os rexistros elaborados polas ANPA para presentar mañá martes, 9 de abril, no rexistro xeral da Xunta de Galicia. O obxectivo é demandar masivamente a construción do comprometido e necesario instituto de Educación Secundaria por parte da Xunta.
Dende a Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego do Concello de Culleredo vanse levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego.
O Concello de Culleredo lanza o programa "Supérate", un conxunto de clases de apoio para a preparación das probas libres de obtención do Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Está dirixido aos mozos que no seu día abandonaron os estudos.
No mes de abril a Asociación Galega de Apicultura estrea o seu programa de formación apícola no Concello de Culleredo, coa celebración do Curso de Iniciación á Apicultura os días 4, 5 e 6 de abril no Xardín Botánico de O Burgo.
O Concello de Culleredo inaugurou o centro municipal asociativo A Escada, no Burgo, unha das grandes apostas do goberno municipal por ampliar a carteira de servizos sociosanitarios da man de entidades sen ánimo de lucro.
Os bos resultados orzamentarios permiten ao Concello de Culleredo dedicar parte do superávit cultivado á realización de dous dos máis necesarios investimentos para o municipio: a reforma do Edificio de Servizos Múltiples e do campo de fútbol de Rutis.
O Concello de Culleredo participará o sábado, 29 de marzo, na Hora do Planeta, campaña que promove a organización WWF para concienciar sobre a necesidade de colaborar contra o cambio climático. Apagaranse boa parte do paseo marítimo de 20.30 a 21.00 horas.
Culleredo será o domingo, 30 de marzo, a capital comarcal do judo. Máis de 400 nenos judokas participarán nos Xogos de Amizade, que se desenvolverán no polideportivo do colexio Rías Altas, na Zapateira.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER