O Concello de Culleredo pide aos veciños que adopten medidas preventivas para evitar unha posible estafa na revisión do gas. Segundo tivo coñecemento o Concello, nas pasadas datas tiveron lugar intentos de estafa desta forma na zona rural do municipio.
O Concello de Culleredo prepara a solicitude ante a convocatoria de axudas lanzada polo Estado polos efectos dos pasados temporais. De entre os danos provocados polo mal tempo no municipio destacan os sucedidos no paseo do río Trabe, en concreto na contorna do campo de fútbol do Burgo.
O monte Xalo prepárase para acoller o vindeiro domingo, 30 de marzo, a cuarta edición do Descenso do Xalo. Será a primeira proba do Open Galego de descenso de bicicleta de montaña, polo que reunirá a deportistas de renome desta modalidade a nivel nacional.
Os veciños de Culleredo contarán con importantes novidades asociadas ao servizo de augas. Unha factura renovada, con máis información, ou unha nova web específica para o municipio incrementarán as funcionalidades para o usuario.
Culleredo celebra este sábado, 22 de marzo, a segunda edición do Día do Patín, unha festa da patinaxe artística pensada para toda a familia. O II Día do Patín terá lugar no polideportivo municipal de Tarrío, en horario de 11.00 a 13.00 horas. O evento está pensado tanto para nenos como para adultos.
A Concellaría de Sanidade xunto coa Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (ADICAE) organizan o taller "Reclamacións máis comúns en materia de consumo". Será o xoves 20 ás 19.30 horas en Vila Melania.
A Asociación Española de Afectados por Mieloma, Linfoma e Leucemia (AEAL), coa colaboración do Concello de Culleredo leva a cabo, dentro do seu programa de actividades, un grupo de apoio psicolóxico dirixido a afectados por cancro e familiares.
O Concello de Culleredo abre a convocatoria de inscrición na segunda edición os campamentos urbanos de primavera, que terán lugar nas vacacións de Se,ama Santa. O prazo para formalizar a inscrición comprenderá entre o 17 e o 28 de marzo.
Ata o 20 de marzo permanece aberto o prazo para a presentación das solicitudes de admisión correspondentes ao curso escolar 2014-2015. Para apoiar ás familias cullerdenses neste procedemento, o Concello de Culleredo ofrece información e asesoramento desde a Concellería de Educación.
O Concello formou ás forzas de seguridade do municipio como mediadores ante condutas adictivas. A iniciativa implicará o establecemento dunha colaboración permanente entre Policía Local e Garda Civil con Servizos Sociais para levar a cabo funciones de prevención e actuación ante calquera tipo de adicción.
Os veciños da zona urbana de Culleredo xa teñen a administración municipal máis preto. O Concello abriu o pasado luns un novo rexistro no Burgo, que se suma ao xa existente na casa consistorial, para facilitar as xestións das parroquias máis poboadas do municipio.
Con motivo da conmemoración do Día da Muller, o Concello de Culleredo deseño un conxunto de actos que buscan concienciar á poboación da “necesidade de seguir loitando polos dereitos das mulleres”. Así o explicou Penélope López, concelleira de Muller, que presentou o programa acompañada do alcalde de Culleredo, Julio Sacristán.
O goberno de Culleredo apunta aos parques infantís como unha das infraestruturas a dedicar maiores esforzos. Entre 2013 e 2014, o Concello sumará un total de 12 actuacións nestas infraestruturas.
A campaña solidaria levada a cabo polo Club dos Leóns sáldase con grandes resultados. A iniciativa, que buscaba especificamente produtos para bebés, acadou unhas dúas toneladas de achegas cidadás.
O Concello de Culleredo organiza o venres 7 a Cea do Día da Muller, acto que se celebra desde hai 18 anos coa finalidade de reafirmar o papel da muller na sociedade. As asociacións de mulleres tramitan a participación no evento.
O Concello celebrou o pasado xoves, xunto coa Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (ADICAE), un taller para ensinar a reducir o gasto de enerxía no fogar e entender a factura, cultivando un elevado éxito entre os veciños.
O Concello de Culleredo dedicará o plan DTC 93, que cofinancia a Deputación da Coruña, á execución de diversas obras de máximo interese para os veciños. O pleno aprobou o pasado xoves a relación de actuacións, que abarcan desde a mellora de seguridade viaria ata a renovación de infraestruturas deportivas.
Culleredo acolleu o domingo 23 de febreiro a Ártabra, unha durísjma travesía ciclista de 81 quilómetros, ou 48 no percorrido curto, polos montes da Zapateira, Bregua, Santa Leocadia e Xalo.
Culleredo loitará contra a reforma local que aprobou en decembro o Goberno do Estado. O pleno, a proposta do equipo de goberno, aprobou a interposición dun conflito ante o Tribunal Constitucional contra a Lei de Racionalización e Sustentabilidade da Administración Local.
O Concello de Culleredo presenta un programa de Entroido que busca dar resposta aos intereses dos veciños de todas as idades. O goberno local confección un programa con vertentes para nenos, adultos e maiores.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER