Os nenos cullerdenses suman unha nova alternativa saudable para o tempo libre do verán: a natación. O Concello e o Club Natación Culleredo lanzan un campamento deportivo para nenos, de 3 a 12 anos de idade, que terá lugar durante o mes de xullo no complexo de Acea de Ama e no IES Blanco Amor.
O campamento non se limitará a natación. Os participantes gozarán de actividades multideportivas e de clases de inglés diarias.
Terá lugar en horario de 9.30 a 14.00 horas, de luns a venres. Os participantes poderán acceder ao programa de madrugadores se o desexan, que comezará ás 8.30 horas.
A inscrición ao campamento xa está aberta. Pódese acceder á ficha a continuación.
Cursos intensivos
Outra posibilidade que dispoñen os veciños de Culleredo son os cursos intensivos de natación durante o verán, en concreto, nos meses de xullo e agosto, en horario de 10.00 a 11.30.
Destínanse tamén aos pequenos de 3 a 12 anos de idade. Haberá grupos de iniciación e de perfeccionamento.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
campamentos_natacion.doc | 251 KB | |
cursos_intensivos_natacion.doc | 246 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER