O Concello de Culleredo comeza os traballos de reparación do paseo do Río Trabe, que conecta O Burgo con Vilaboa, e que foi executado pola Xunta de Galicia. Unha vez finalizada aquela actuación apareceron vicios ocultos que danaron gravemente o paseo. En vista da falta de actuación autonómica, o Concello decidiu asumir a intervención.
O Campionato de Tute Concello de Culleredo alcanza a súa XIV edición coa participación de 80 parellas nesta fase final. O venres 18 de maio celebrouse a primeira xornada desta fase, coa presencia do concelleiro de Deportes, Bernardo Peiteado. O venres 25 continuará coa segunda.
Artesanía e folclore galego foron os principais ingredientes do 17 de maio en Culleredo. Unha trintena de artesáns do municipio e da área metropolitana instalaron o seu posto na praza para ofrecer ao público os seus traballos. Mentres os veciños e visitantes podían descubrir estes produtos artesáns, a feira estivo amenizada por diferentes actuacións en distintas modalidades para celebrar a festividade.
I Campus de Balonmano de Culleredo.
Del 25 de junio al 31 de agosto de 2012. Inscripciones semanales o quincenales niñ@s desde 5 hasta 14 años en el Pavellón Municipal de Tarrio. Para más información ver el archivo adjunto.
I Campus de Balonman de Culleredo.
Do 25 de xuño ao 31 de agosto de 2012. Inscricións semanais ou quincenais nen@s dende 5 ata 14 anos no Pavillón Municipal de Tarrio. Para mais información ver o arquivo que se achega.
A praza de Europa do Burgo acollerá o 17 de maio a Feira de Artesanía, que reunirá a unha trintena de artesáns do municipio e da área metropolitana, principalmente. A feira estará a funcionar en horario de 11.00 a 15.00 horas e estará amenizada por diferentes actuacións a cargo de colectivos do municipio ou de grupos de actividades organizadas polo propio Concello.
O Concello de Culleredo organiza o mércores 16 , ás 20.30 h, no Xardín Botánico, o acto de presentación do poemario "O canto do galo" e da novela "Alma María. Historia de una amistad", e a inauguración da exposición Curvando trazos, de Alfredo Vázquez Casal. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 16 de xuño de 2012.
O centro comercial Coruña The Style Outlets, ubicado en Alvedro, conta desde os últimos días cun expositor con información turística do Concello. O edil de Dinamización Local, Isidro Taibo, considera que os clientes do outlet, procedentes de toda Galicia, son visitantes potenciais de Culleredo e por iso apostou por ofrecer alí información turística.
O Burgo acollerá do 25 ao 29 de xuño, primeira semana de vacacións escolares, o IX Campus de Baloncesto "Verán Culleredo", organizado polo Clube Baloncesto Culleredo, en colaboración co Concello e con Gadis Híper do Burgo. Os pequenos, ademais do deporte, desfrutarán de actividades acuáticas ou xogos no horario de 8.30 a 19.00 horas que permite a actividade.
As redes de saneamento de Culleredo manteranse con tecnoloxía de última xeración. A nova unidade móbil de inspección de redes de colectores está dotada cunha cámara robotizada, tan avanzada no mercado que é a primeira da súa clase que se adquiriu en España. Este robot introdúcese nos colectores e vainos percorrendo para ver o estado e reparar avarías.
O Concello de Culleredo informa do proceso a seguir para os interesados en participar nos Campamentos Deportivos da Deputación da Coruña 2012. O prazo de inscrición estará aberto até o 1 de xuño. A quenda para os cullerdenses será do 15 ao 21 de xullo.
O II Descenso ao Xalo celebrarase o domingo, concluíndo a proba en Celas de Peiro. O sábado terán lugar os adestramentos ao longo do percorrido que baixa do monte Xalo. Espérase a participación de máis de 200 deportistas.
Culleredo acolle desde este venres 27 de abril a mostra de
esculturas que, baixo o título Ex umbra in solem II, presenta o artista Javier Aguilera Navarro. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 26 de maio.
O Conservatorio de Culleredo albergará esta fin de semana a representación da compañía de teatro e danza El Ruiseñor, de Culleredo, que presentará a comedia grega "Tesmoforias". Os pases serán o sábado 28 de abril ás 20:30 horas e o domingo 29 ás 19:00 horas. As entradas están á venda na tenda ATHICUS de Acea de Ama.
O Concello abríu o novo centro social de Castro (Vilaboa), unha dependencia levantada para responder as peticións dos veciños e da asociación cultural do núcleo. Trátase dun centro multifuncional no que combinará espazos para o uso social como para usos múltiples. O investimento na construción deste novo centro social superou os 260.000 euros.
A acción que realizan as dúas entidades quere achegar o coñecemento da enfermidade de Parkinson á poboación, ademais de dar a coñecer os servizos de atención que acolle Culleredo. A campaña iníciase coa instalación dunha mesa informativa no centro comercial Gadis Hiper de O Burgo.
As salas de lectura municipais alcanzan os 7.600 socios coa ampliación do funcionamento da biblioteca do Burgo, demandada polos propios usuarios. A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, celebra o interese que esperta a lectura, promovida nos pequenos coa Dragona Ramona.
As persoas con discapacidade intelectual do centro ocupacional municipal convertéronse en mestres para ensinar aos nenos a reciclar papel. O obradoiro forma parte dun programa impulsado polo departamento que dirixe Raquel Jabares para “conxugar as actividades para os nenos dos colexios coa formación ocupacional dos usuarios da Escada”.Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER