O polideportivo do Burgo acolle este domingo 3 de xuño, o XV Festival de Aeróbic Escolar. No arquivo adxunto pódense ver os horarios e colexios e clubs participantes.
O Concello de Culleredo comeza os traballos de reparación do paseo do Río Trabe, que conecta O Burgo con Vilaboa, e que foi executado pola Xunta de Galicia. Unha vez finalizada aquela actuación apareceron vicios ocultos que danaron gravemente o paseo. En vista da falta de actuación autonómica, o Concello decidiu asumir a intervención.
O Campionato de Tute Concello de Culleredo alcanza a súa XIV edición coa participación de 80 parellas nesta fase final. O venres 18 de maio celebrouse a primeira xornada desta fase, coa presencia do concelleiro de Deportes, Bernardo Peiteado. O venres 25 continuará coa segunda.
Artesanía e folclore galego foron os principais ingredientes do 17 de maio en Culleredo. Unha trintena de artesáns do municipio e da área metropolitana instalaron o seu posto na praza para ofrecer ao público os seus traballos. Mentres os veciños e visitantes podían descubrir estes produtos artesáns, a feira estivo amenizada por diferentes actuacións en distintas modalidades para celebrar a festividade.
I Campus de Balonmano de Culleredo.
Del 25 de junio al 31 de agosto de 2012. Inscripciones semanales o quincenales niñ@s desde 5 hasta 14 años en el Pavellón Municipal de Tarrio. Para más información ver el archivo adjunto.
I Campus de Balonman de Culleredo.
Do 25 de xuño ao 31 de agosto de 2012. Inscricións semanais ou quincenais nen@s dende 5 ata 14 anos no Pavillón Municipal de Tarrio. Para mais información ver o arquivo que se achega.
A praza de Europa do Burgo acollerá o 17 de maio a Feira de Artesanía, que reunirá a unha trintena de artesáns do municipio e da área metropolitana, principalmente. A feira estará a funcionar en horario de 11.00 a 15.00 horas e estará amenizada por diferentes actuacións a cargo de colectivos do municipio ou de grupos de actividades organizadas polo propio Concello.
O Concello de Culleredo organiza o mércores 16 , ás 20.30 h, no Xardín Botánico, o acto de presentación do poemario "O canto do galo" e da novela "Alma María. Historia de una amistad", e a inauguración da exposición Curvando trazos, de Alfredo Vázquez Casal. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 16 de xuño de 2012.
O centro comercial Coruña The Style Outlets, ubicado en Alvedro, conta desde os últimos días cun expositor con información turística do Concello. O edil de Dinamización Local, Isidro Taibo, considera que os clientes do outlet, procedentes de toda Galicia, son visitantes potenciais de Culleredo e por iso apostou por ofrecer alí información turística.
O Burgo acollerá do 25 ao 29 de xuño, primeira semana de vacacións escolares, o IX Campus de Baloncesto "Verán Culleredo", organizado polo Clube Baloncesto Culleredo, en colaboración co Concello e con Gadis Híper do Burgo. Os pequenos, ademais do deporte, desfrutarán de actividades acuáticas ou xogos no horario de 8.30 a 19.00 horas que permite a actividade.
As redes de saneamento de Culleredo manteranse con tecnoloxía de última xeración. A nova unidade móbil de inspección de redes de colectores está dotada cunha cámara robotizada, tan avanzada no mercado que é a primeira da súa clase que se adquiriu en España. Este robot introdúcese nos colectores e vainos percorrendo para ver o estado e reparar avarías.
O Concello de Culleredo informa do proceso a seguir para os interesados en participar nos Campamentos Deportivos da Deputación da Coruña 2012. O prazo de inscrición estará aberto até o 1 de xuño. A quenda para os cullerdenses será do 15 ao 21 de xullo.
O II Descenso ao Xalo celebrarase o domingo, concluíndo a proba en Celas de Peiro. O sábado terán lugar os adestramentos ao longo do percorrido que baixa do monte Xalo. Espérase a participación de máis de 200 deportistas.
Culleredo acolle desde este venres 27 de abril a mostra de
esculturas que, baixo o título Ex umbra in solem II, presenta o artista Javier Aguilera Navarro. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 26 de maio.
O Conservatorio de Culleredo albergará esta fin de semana a representación da compañía de teatro e danza El Ruiseñor, de Culleredo, que presentará a comedia grega "Tesmoforias". Os pases serán o sábado 28 de abril ás 20:30 horas e o domingo 29 ás 19:00 horas. As entradas están á venda na tenda ATHICUS de Acea de Ama.
O Concello abríu o novo centro social de Castro (Vilaboa), unha dependencia levantada para responder as peticións dos veciños e da asociación cultural do núcleo. Trátase dun centro multifuncional no que combinará espazos para o uso social como para usos múltiples. O investimento na construción deste novo centro social superou os 260.000 euros.
A acción que realizan as dúas entidades quere achegar o coñecemento da enfermidade de Parkinson á poboación, ademais de dar a coñecer os servizos de atención que acolle Culleredo. A campaña iníciase coa instalación dunha mesa informativa no centro comercial Gadis Hiper de O Burgo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER