O Concello de Culleredo proponse a eliminación das fochancas da rede viaria municipal. Os traballos comezarán este mes de agosto e prolongaranse no que queda de 2012, tempo necesario para arranxar todos aqueles puntos que o demandan. Para acometer esta campaña o Concello destinará 49.000 euros das arcas municipais.
A Policía Local de Culleredo e a Garda Civil de Tráfico establecen un protocolo de colaboración para optimizar a súa actuación no municipio. Ambos corpos de seguridade asinaron un acordo polo que se traspasa a atención nos tramos urbanos das principais estradas da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña á Policía Local. Este protocolo entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2013.
A Festa da Pintura “Pintor Argüelles terá lugar o vindeiro domingo día 5 de agosto nas instalacións do Xardín Botánico “Ría do Burgo”. situado no Paseo Marítimo do Burgo”. Os participantes realizarán os seus traballos pictóricos entre as 10:00 e as 14:00 horas. Ademais, os máis novos poderán participar nunha exhibición de graffiti.
Será este venres, 3 de agosto, a partir das 21.30 horas. A nave da Cros situada máis preto do paseo marítimo será escenario para un gran gala de circo na rúa. Malabaristas, acróbatas, ou pallasos ofrecerán as súas técnicas baixo a estrutura da fábrica. Alí tamén se situarán os espectadores deste espectáculo que terá unha entrada libre e gratuíta.
O pleno aprobou a proposta de redución de salarios de concelleiros e de indemnizacións por asistencia que propuxo o goberno local. A redución é de aplicación aos membros da corporación con dedicación que terán unha redución de 7,1% do seu salario. Culleredo tamén rebaixará a contía por asistencia aos órganos do Concello nunca cuantía similar.
O Concello de Culleredo celebrará entre o 4 e o 25 de agosto os torneos de Fútbol Afeccionado e Fútbol Veterán, que congregarán a un bo número de equipos das diferentes parroquias do municipio. A continuación poden descargarse os calendarios de ambas competicións.
A Policía Local de Culleredo incrementa o persoal con cinco novos axentes que se incorporan despois de completar a súa formación na Academia Galega de Seguridade. Con estes novos efectivos, o Concello reforzará a vixilancia creando unha patrulla a pé que estará presente mañá e tarde nos núcleos urbanos do municipio.
O Concello de Culleredo informa da apertura dunha convocatoria extraordinaria para o programa "Benestar en balnearios". Os interesados poden informarse no centro municipal de Servizos Sociais ou no 981 654 570.
A Concellería de Cultura de Culleredo deseño un amplo programa cultural para o verán. A axenda inclúe accións e propostas para os veciños de todas as idades.
O Concello de Culleredo celebra desde o venres 13 até o domingo 15 de xullo a V edición do Mercado Templario. O paseo marítimo do Burgo acollerá por centos de persoas para revivir actividades como a cetraría, os bufóns, pasacalles, disputa de cabaleiros, gastronomía, etc.
O alcalde de Culleredo aposta pola creación de aparcadoiros disuasorios que alivien o tráfico das grandes arterias de circulación e promocionen o servizo de transporte público. Para mellorar o plan da Xunta, propoorá establecer un espazo no centro do núcleo de Vilaboa para ampliar o servizo a máis veciños.
O festival BurgoJazz comeza a súa XII edición centrado na promoción dos artistas galegos e da comarca do xénero. Serán catro xornadas, do xoves 12 ao domingo 15 ás 21.30 horas, que levarán a catro grupos emerxentes á Aula de Natureza do núcleo do Burgo.
O Concello de Culleredo comeza coa chegada do verán un plan de acondicionamento e limpeza da rede viaria municipal. Serán 278 camiños os incluídos nas actuacións, conducentes a evitar que se xeren incendios, especialmente na época estival.
O Concello de Culleredo organiza o xoves 5 de xullo, desde as 21.00 horas, o espectáculo de teatro na rúa "A captura do dragón". A praza da Sagrada Familia de Vilaboa será o escenario do evento. Un dragón escupelumes asola a cidade e un grupo de expertos cazadores tratará de capturalo.
Co obxecto de ofertar novas actividades (obradoiros e contacontos), e facilitar o acceso da cidadanía á lectura, este verán as dúas bibliotecas municipais de Culleredo, a “Miguel González Garcés” do Burgo e a “Xosé Cardeso Liñares” de Vilaboa, permanecerán abertas ao público.
Neste ano 2012, o Concello de Culleredo investirá máis de 410.000 euros na axuda a persoas con dependencia a través do servizo de axuda no fogar. A axuda a domicilio pola vía da dependencia ven adxudicada pola Xunta pero a primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares, explica que na actualidade a Xunta ten bloqueadas as altas en Culleredo.
O Concello desenvolverá mañá sábado 30 en Celas un curso básico de primeiros auxilios e actuación ante situacións de emerxencia para persoas que integran as comisións de festas do concello. A iniciativa ten como finalidade a preparación das persoas que organizan eventos de magnitude ante distintas situacións de emerxencia que se poidan presentar.
Os campos da Lavandeira do Burgo son sede desde o venres 29 de xuño ao domingo 1 de xullo do XIII Torneo de Fútbol 7 "A Ponte Pasaxe". Rapaces de once clubes das categorías prebenxamín, benxamín e alevín desfrutarán dunha festa do deporte.
O centro cívico de Castro-Laxe acollerá o venres 29 de xuño, desde as 21.00 horas, a final do Campionato de Tute Concello de Culleredo, que alcanza a súa XIII edición. Disputarana Catoira e José Antonio do Bar Algarabía contra Suso e Emilio, da asociación de veciños de Sésamo.