O Conservatorio Municipal de Culleredo estrea a súa Big Band de Jazz

Nace a Big Band do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo. O venres 15 de xuño presentaranse ante o público no Concerto de Fin de Curso do centro de ensino radicado no Burgo, que terá lugar a partir das 19.30 horas no auditorio do Conservatorio.

A Big Band, a diferenza da orquestra do Conservatorio, está orientada ao música jazz. Aglutina instrumentos como a batería, o baixo, a guitarra eléctrica, o piano ou metais como as trompetas. Ofrece un repertorio de artistas como Charlie Parker.

A Big Band está composta por 17 artistas de 13 a 18 anos de idade e dirixida polo profesor Iván Doval. Neste caso, configúrase en colaboración con Presto Vivace, entidade coa que traballa de forma habitual o Conservatorio Cullerdense.

Antes que a Big Band actuará a Orquestra do Conservatorio, que ofrecerá por primeira vez un repertorio de concerto completo, conseguido grazas ao tres anos de vida e de actividade que ten. Está tamén conformada por alumnos do grao profesional, de 13 a 18 anos de idade e dirixida polo profesor Antonio Suárez.

O concerto comezará ás 19.30 horas. A entrada será libre até completar o aforamento.


 

 

 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina