O Concello de Culleredo executa os traballos de remodelación da rúa Estreita, en Vilaboa. Cun orzamento de 69.000 euros, a obra consiste na renovación da pavimentación da rúa e na dotación de rede de recollida de pluviais.
O Concello organiza durante o próximos tres meses un curso de iniciación á grafología. Comezará hoxe, 4 de novembro, e prolongarase durante 12 xornadas, na Biblioteca de Vilaboa.
O mundo da buxaina funciona como fío condutor para os talleres de manualidades, literatura ou contacontos que organiza o Concello para 1.300 escolares de Primaria do municipio. Están enmarcadas na exposición "O espazo máxico. Buxainas e libros para nenos" instalada polo Concello na aula de Natureza do Burgo.
O futuro IES de Culleredo contará con amplas instalacións para dar resposta ás necesidades da comunidade educativa. O proxecto propón unha distribución en tres plantas máis un soto para dar a cabida a todos os espazos de docencia e administrativos que se requiren.
O goberno municipal duplica as prazas creando dúas edicións do curso de micoloxía e así satisfacer as peticións realizadas polos veciños. Os dous cursos, de catro días de duración cada un, celebraranse no mes de novembro.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER