O parque Sofía Casanova de Vilaboa estrea nova cara

Os veciños de Vilaboa xa gozan das prestacións do parque Sofía Casanova, reestreado este fin de semana tras as obras de remodelación acometidas polo Concello de Culleredo. O espazo, situado entre o colexio de mesmo nome e a rúa Domingo Sierra, adquire unha nova cara co obxecto de satisfacer ás decenas de usuarios que recibe cada día.

O parque conxugaba posibilidades tanto para a práctica deportiva, como para o descanso ou para o lecer dos máis pequenos. E o goberno municipal asegurouse de que así siga sendo, un dos principais puntos de esparexemento do núcleo urbano de Vilaboa.

A actuación consistiu, en primeiro lugar, na limpeza e saneado de todo o recinto. O proxecto incluíu o arranxo de todos aqueles puntos danados, como diversas zonas que se soltaron na pasarela ou as táboas de madeira, que foron substituídas e instaladas novas.

O Concello renovou así mesmo o céspede sintético do espazo para poida usarse para o xogo de forma segura. O concelleiro de Obras, Narciso Marzoa, apunta que se trata dunha das poucas pistas deportivas de acceso libre que hai na comarca dotada con céspede artificial.

Foron 406 metros cadrados de céspede deste tipo os que se colocaron. Así mesmo instaláronse novas redes e aros, dado que o espazo tamén serve para a práctica do baloncesto.

O proxecto incluíu tamén a roza de 1.500 metros cadrados de céspede natural. Melloráronse as zonas  axardinadas e os elementos de mobiliario urbano.

Agora, o Concello reformará o parque infantil que albergaba o parque, con chan arranxado para garantir a seguridade dos pequenos. Esta actuación levará a cabo de forma inmediata.

Marzoa explica que a actuación permitiu renovar un espazo se foi deteriorando conforme o paso do tempo, moi utilizado por familias e pequenos cullerdenses. O goberno municipal destinou 50.000 euros a esta actuación, cofinanciada pola Deputación da Coruña.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina