O Concello de Culleredo inicia as obras de remodelación das rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte. O goberno local levará a cabo un plan especial de tráfico na zona habilitándose o acceso a residentes por Sanjurjo de Carricarte desde a avenida de Ribados.
O Concello de Culleredo acometeu a mellora do firme nunha das rúas máis céntricas do núcleo urbano do Burgo. Trátase da rúa Templarios, situada a escasos metros da ponte romana da ría.
O Concello de Culleredo imparte desde o sábado unha formación aos aspirantes a voluntarios de Protección Civil de diferentes agrupacións da provincia. A Axencia Galega de Seguridade demostra a confianza na labor dos efectivos municipais cullerdenses.
O goberno de Culleredo lanza un programa de actividades sociais ampliado e co claro obxectivo de atender os ámbitos máis sensibles para os veciños de todas as idades do municipio. A oferta reúne un total de 32 propostas con diferentes grupos e horarios en centros sociais da zona urbana e tamén do rural.
O Club de Natación Albatros, co que colabora o Concello de Culleredo, prepara a campaña de natación para a nova tempada. Os cursos comezarán o 30 de setembro, prolongándose até o 13 de xuño de 2014.
O corte na Nacional 550, entre O Portádego e A Coruña, por motivo das obras no abastecemento que executa Emalcsa derivou unha importante carga de tráfico á AC-211. O Concello recomenda o uso da AP-9 e da Terceira Rolda para dirixirse á cidade.
O Concello de Culleredo recibe o venres 6 a exposición de pintura dos artistas Manuel Ayaso e Alfonso Costa. Poderase ver desde ese día ata o 5 de outubro no Xardín Botánico do Burgo.
A Nacional 550, desde O Portádego ata A Coruña, permanecerá cortada en parte ao tráfico desde o luns 2 de setembro ata o 15 do mesmo mes. O motivo consiste na execución das obras de mellora do abastecemento á cidade da Coruña e á área metropolitana que leva a cabo Emalcsa.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER