Hai dúas semanas comezou o asfaltado de toda a avenida Electo Carballo, entre O Portádego e Fonteculler. Agora ultímase o pintado da calzada, incluíndo os pasos de peóns de vías perpendiculares, para devolvela ao seu estado normal tras a as obras de Emalcsa..
O Xardín Botánico consta na actualidade dun aparcadoiro en liña fronte á entrada principal, que podía acoller a unha decena de coches. O Concello, a través da Concellaría de Obras e Servizos que dirixe Narciso Marzoa, deseñou unha ampliación desta zona que triplicará a súa capacidade.
O Centro Cultural de Almeiras, a través do Club de Dardos, organiza este sábado 28 un evento moi especial, con carácter solidario. Trátase do I Torneo de Dardos Punta de Acero, en favor da Asociación Coruñesa de Promoción do Xordo.
As actividades infantís regresan este venres, 27 de setembro, á Biblioteca Municipal do Burgo. Unha programación con contacontos da Dragona Ramona, obradoiros de contos e contos en inglés fará as delicias dos pequenos os venres deste trimestre.
O Concello de Culleredo aposta pola creación dunha programación de actividades específica para os mozos do municipio. Nace así o "Outono Xove", que oferta unhas 240 prazas nos principais centros de interese dos veciños de 14 a 35 anos de idade para os meses de outubro a decembro.
O Concello recibiu na primera maña de prazo aberta nas actividades culturais e deportivas un total de 450 matrículas. O goberno local anuncia que ampliará as plazas das modalidades con demanda se é posible cadrar novos grupos cos horarios de ocupación de espazos.
O Concello de Culleredo acaba de concluír un importante plan de mellora no sistema de bombeos da rede municipal de saneamento, instalacións fundamentais para evitar verteduras á ría. O conxunto de actuacións levadas a cabo buscou a mellora da eficacia no seu funcionamento.
A Concellaría de Sanidade e ASEM desenvolven o I Ciclo Formativo Sociosanitario no municipio. Este mes terá lugar a segunda xornada deste ciclo, que versará sobre "As salas Snoezelen, un mundo para a estimulación multisensorial".
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER